Decreto 108/2010, do 24 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de glorieta para mellora da seguridade viaria na AC-566, p.k. 1+670, no municipio de Narón. (Clave: AC/10/006.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 11 de maio de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción de glorieta para mellora da seguridade viaria na AC-566, p.k. 1+670, no municipio de Narón. (Clave: AC/10/006.06).

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesaria definición das obras que deben realizarse para a mellora da seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica e pertencente á rede primaria básica AC-566, Narón (AC-862)-O Campo do Hospital (AC-862), dentro do contorno do polígono industrial das Lagoas, no concello de Narón, mediante a construción dunha glorieta no p.k. 1+670.

O principal obxectivo deste proxecto é mellorar a conectividade da estrada coas vías municipais do polígono das Lagoas, mediante a construción da referenciada rotonda, situada o máis equidistante posible das outras existentes, e así permitir a realización de cambios de dirección e de sentido, e ao mesmo tempo reducir as distancias que teñen que percorrer os vehículos que a diario realizan esas manobras, coa conseguinte desconxestión do tráfico rodado e vencendo unha serie de carencias relacionadas coa seguridade viaria.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR