Decreto 47/2010, do 25 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308. Treito: Portonovo (p.k. 18+370)-A Lanzada (p.k. 27+970), no concello de Sanxenxo. (Clave PO/07/258.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 9 de marzo de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308. Treito: Portonovo (p.k. 18+370)-A Lanzada (p.k. 27+970) (clave PO/07/258.06).

Este proxecto propón a mellora da seguridade viaria na estrada PO-308, situada na provincia de Pontevedra, no treito definido entre os puntos quilométricos 18+340 e 37+970.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesaria realización dunha serie de obxectivos:

-Reducir as zonas de conflito potencial, principalmente en interseccións e enlaces, nas travesías e zonas periurbanas e tamén en treitos interurbanos.

-Proporcionar as mellores condicións de visibilidade posible.

-Homoxenizar itinerarios por treitos de acordo coa xerarquización previa da rede, conseguindo que o usuario obteña unha boa percepción das características da estrada e do seu contorno.

-Proxectar unha senda peonil-ciclista ao longo de todo o treito onde se prestará atención aos puntos de intersección entre os diferentes tráficos que se produzan no contorno da estrada, peóns, bicicletas e vehículos, intentando compatibilizalos o mellor posible.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR