Decreto 93/2007, do 10 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do acondicionamento da estrada PO-342 Virxe do Camiño-Cela, treito: Virxe do Camiño-Mosende. Clave PO/02/028.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 23 de abril de 2007 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de trazado do acondicionamento da estrada PO-342 Virxe do Camiño-Cela, treito: Virxe do Camiño-Mosende. Clave: PO/02/028.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria, xa que se protexe o paso dos numerosos peóns que transitan pola vía, incluíndo sendas nos seu itinerario e mellorando o trazado e polo tanto a visibilidade tanto de peóns como de vehículos.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR