Decreto 120/2008, do 15 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do enlace de Curro na estrada PO-531. Clave PO/06/090.03.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 27 de marzo de 2008, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción do enlace de Curro na estrada PO-531. Clave: PO/06/090.03.

O dito proxecto ten por obxecto a análise, definición e valoración da remodelación da intersección entre a PO-531 e a antiga C-531 na parroquia de Curro, de xeito que se resolvan os problemas existentes na actualidade, e os que poidan xurdir nun futuro, de capacidade e seguridade viaria, coa consolidación das áreas industrais próximas definidas nos planeamentos do Concello de Barro e do Concello de Meis. Posto que o deseño do enlace actual non está preparado para asimilar os aumentos de tráfico na antiga estrada C-531.

O lugar de Curro na estrada PO-531 no concello de Barro converteuse, e co tempo incrementouse esta situación, nun punto conflitivo para o tráfico das estradas de Galicia. A razón fundamental estriba na concentración de tráficos e actuacións empresariais que se desenvolven nese punto:

-Actual estrada PO-531 en dirección a Vilagarcía de Arousa.

-Conexión coa AP-9.

-Autovía do Salnés en construción.

-Autovía Curro-Vilagarcía de Arousa en proxecto.

-Mellora de capacidade da estrada PO-531 Pontevedra-Curro en proxecto.

-Polígonos industriais de Barro e Meis en execución ou planificación.

Todo este entramado de vías e demandas de tráfico, propio das superficies industriais asentadas moi preto do enlace, fai necesario unha actuación de reordenación da rede viaria que garanta a seguridade e a fluidez do tráfico a todos os usuarios cun novo enlace coa capacidade axeitada.

A teor do previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación do devandito proxecto implica a declaración de utilidade pública e da necesidade de ocupación dos bens e de adquisición de dereitos correspondentes para os efectos de expropiación.

As razóns antes expostas aconsellan unha actuación urxente coa finalidade fundamental de permitir a posta en funcionamento, no prazo máis breve posible, dunha estrada...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR