Decreto 153/2010, do 16 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto modificado número 1 da obra de adaptación da estrada LU-641 ao Plan de baixa intensidade media diaria (IMD) de vehículos no termo municipal do Incio. (Clave LU/08/090.02.M1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 20 de xullo de 2010, a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto modificado nº 1 da obra de adaptación da estrada LU-641 ao Plan de baixa IMD, no termo municipal do Incio. (Clave LU/08/090.02.M1).

Os obxectivos máis destacados da actuación son: a inclusión de novas vías, o que aumenta a capacidade da estrada, desconxestiona o tráfico e reduce os tempos de percorrido; a mellora da accesibilidade ás empresas, vivendas e edificacións, debido ás novas vías de servizo previstas no proxecto; a maior comodidade para o tránsito de peóns, por mor da colocación de pasos a distinto nivel e semáforos.

A xustificación da urxencia da ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de mellorar a seguridade viaria por tratarse dun treito especialmente sinuoso, onde se eliminan puntos especialmente perigosos, aumentándose os raios mínimos, a largura da vía e as beiravías. Tamén se reordenarán os accesos á estrada, colocando medidas de seguridade para o tráfico peonil, como barreiras, pasos peonís e ampliación de beirarrúas.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación ao departamento competente, actualmente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR