Decreto 38/2008, do 14 de febreiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da VAC Tui (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda, treito I: Tui-Tomiño. Clave PO/03/009.01.1.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 28 de novembro de 2007 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de trazado da VAC Tui (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda, treito I: Tui-Tomiño. Clave PO/03/009.01.1.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Considérase xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguranza viaria. O Baixo Miño é unha zona en forte expansión económica o que leva consigo un incremento do tráfico e do desenvolvemento urbanístico. Actualmente a carga máis forte de tráfico é soportada pola PO-552, cunha IMD superior aos 11.000 vehículos. Para mellorar a situación actual cara ao futuro deseñouse una vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda. Dada a complexidade do proxecto, este fíxose en tres treitos, sendo o treito I o que inicia as obras. Este treito recolle a mellora do enlace coa A-55 en Tui e remata cun enlace na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR