Decreto 123/2008, do 22 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da VAC da Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao. Clave LU/00/063.01.4.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 28 de abril de 2008, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de trazado da VAC da Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao. Clave LU/00/063.01.4.

A dita actuación ten por obxecto vertebrar o territorio da costa norte de Galicia, ao mellorar a súa accesibilidade e a súa conectividade nun dobre sentido:

-Mellora as comunicacións interiores da zona, actualmente moi deficientes, e diminúe os tempos de percorrido cos conseguintes aforros de custos do transporte.

-Conecta o territorio afectado co resto de Galicia e de España a través das grandes vías de alta capacidade A-8, A-6, autovía do Estado de conexión da A-8 ca VAC da Costa Norte en San Cibrao, e AG-64.

Así mesmo, a VAC proxectada constrúe un eixe fundamental para potenciar o desenvolvemento económico da zona e para a mobilidade de toda a poboación da comarca da Mariña luguesa.

Ofrece, a nova estrada, un novo trazado, moderno, cómodo e seguro, para todos os usuarios, como alternativa á estrada actual (LU-862), pechando un anel de vías de alta capacidade constituído pola A-8, a AG-64 e a propia VAC da Costa Norte.

A estrada actual LU-862 foi acondicionada hai moitos anos, ten un trazado en planta e alzado obsoleto, presenta unha elevada sinistralidade e soporta unha intensidade de tráfico das máis elevadas de toda a rede da provincia de Lugo.

A teor do previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación do devandito proxecto implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición de dereitos correspondentes para os efectos de expropiación.

As razóns antes expostas aconsellan unha actuación urxente coa finalidade fundamental de permitir a posta en funcionamento, no prazo máis breve posible, dunha estrada que non só supoña adecuarse aos niveis do tráfico existente na zona, senón que reducirá o risco de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR