Decreto 212/2008, do 11 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do treito 2 da Vía Ártabra (VG-1.3): enlace de Meirás-Veigue (AC-526), clave AC/04/156.01.2, e polo proxecto de trazado do treito 3 da Vía Ártabra (AC-526): Veigue (VG-1.3)-porto de Lorbé, clave AC/04/156.01.3.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 1 de setembro de 2008, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de trazado do treito 2 da Vía Ártabra (VG-1.3): enlace de Meirás-Veigue (AC-526), clave AC/04/156.01.2, e o proxecto de trazado do treito 3 da Vía Ártabra (AC-526): Veigue (VG-1.3)-porto de Lorbé, clave AC/04/156.01.3.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados nos citados proxectos.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

A Vía Ártabra configúrase como un dos eixes estruturantes da nova rede de vías de altas prestacións que articulará a área metropolitana da Coruña e que, a través de autovías gratuítas e seguras, conseguirá mellorar substancialmente as comunicacións entre os concellos de Cambre, Sada, Oleiros, A Coruña, Culleredo, Arteixo, Betanzos e Abegondo, redundando na calidade de vida dos cidadáns e na súa mobilidade, desconxestionando os núcleos urbanos, conectando por autovía todos os polígonos industriais da comarca e afrontando a mobilidade da Coruña desde unha perspectiva integral e con visión de futuro.

Estamos ante un treito desta nova vía que articula a rede viaria dos concellos de Sada e Oleiros e supón substituír os accesos actuais a través de estradas locais e secundarias por unha estrada que diminúe o tempo dos percorridos e aumenta a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR