Decreto 12/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Adaptación da estrada LU-934. Treito: Friol (LU-232)-límite de provincia ao Plan de Baixa IMD Mellorada, no municipio de Friol. (Clave LU/10/095.02).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 20 de xaneiro de 2011 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción Adaptación da estrada LU-934. Treito: Friol (LU-232)-límite de provincia ao Plan de Baixa IMD Mellorada, no municipio de Friol. (Clave: LU/10/095.02).

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de ampliar a superficie de terreos dispoñibles nas marxes da estrada LU-934, procedentes de expropiacións e ocupacións efectuadas con anterioridade, así como a mellora do trazado en diversas zonas. Debido ao estado do firme, á escasa amplitude da sección tipo da estrada que dificulta o cruzamento dos vehículos, ás deficientes condicións de visibilidade nalgunhas interseccións, á falta de elementos de contención de vehículos e á deficiencia nas obras de drenaxe, formúlase a mellora da estrada LU-934, de xeito que se adapte ás condicións do Plan de Baixa IMD.

O treito obxecto deste proxecto comprende unha lonxitude de 11,2 quilómetros, desde o p.k. 1+500 ata o p.k. 12+700, coincidindo co límite entre as provincias de Lugo e A Coruña e os traballos que se realizarán serán os seguintes:

-Mellora das interseccións sen visibilidade e rectificacións puntuais das curvas.

-Na Silveira corríxese o trazado para cumprir cos parámetros normativos.

-Ampliación da ponte das Varelas.

-Sinalización adecuada e delimitación de carrís.

-Disposición de cambios de sentido.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR