DECRETO 55/2014, do 8 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun aparcadoiro disuasorio en Domaio, Moaña, Pontevedra (clave GA/13/077.01.2).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 2 de maio de 2014, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción dun aparcadoiro disuasorio en Domaio, Moaña, Pontevedra (clave GA/13/077.01.2).

O mencionado proxecto ten por obxecto o acondicionamento dun resto da antiga estrada PO-551, entre os p.q. 33+300 e 33+800, para empregalo como aparcadoiro disuasorio.

As obras recollidas no referido proxecto son necesarias para mellorar a mobilidade e a seguranza viaria entre a península do Morrazo e Vigo, diminuíndo e desconxestionando notablemente o tráfico rodado e a contaminación acústica entre ambos os territorios, así como contribuíndo a unha mellora ambiental na zona.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Segundo o número 5 do artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a aprobación definitiva dos anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción implica a declaración de utilidade pública, da necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, os depósitos dos materiais sobrantes e os préstamos necesarios para executalas, sempre que veñan previstos no seu proxecto, así como para a traza de planta do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, se puideren aprobar posteriormente, e da urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes.

Corresponde ao Consello da Xunta de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR