DECRETO 46/2014, do 10 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de sendas peonís na AC-423, p.q. 11+580 e 13+970, no concello de Ponteceso (clave AC/13/063.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 18 de novembro de 2013, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción de sendas peonís na AC-423, p.q. 11+580 e 13+970, no concello de Ponteceso (clave AC/13/063.06).

O mencionado proxecto ten por obxecto a execución dunha senda peonil na marxe dereita da estrada AC-423 entre os pp.qq. 11+580 e 13+970, que discorre pola parroquia de Anllóns e remata á entrada da localidade de Ponteceso. A necesidade xorde do aumento da circulación peonil e da maior densidade de edificacións.

As obras consisten na ampliación da plataforma para dispoñer a referenciada senda peonil, así como a realización de elementos de drenaxe, limpeza, sinalización e construción dunha pasarela de madeira para solucionar o encharcamento nos meses de inverno.

A situación existente obriga a unha inmediata actuación dos poderes públicos para facer fronte aos problemas de seguridade viaria na zona da AC-423. De aí a necesidade de proceder de xeito inmediato á execución do proxecto de referencia e, consecuentemente, a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, os cales aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Segundo o punto 5 do artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a aprobación definitiva dos anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción implica a declaración de utilidade pública, da necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR