Decreto 17/2006, do 9 de febreiro, polo que se deixa sen efecto a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra identificada como variante de Noia. (Clave AC/03/008.01.2).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 30 de marzo de 2005, a Dirección Xeral de Obras Públicas, tras a realización dos correspondentes trámites, aprobou o expediente de información pública e definitivamente o estudo informativo e estudo de impacto ambiental da actuación identificada como variante de Noia, con clave: AC/03/008.00.2. Con data do 6 de xuño de 2005, o devandito centro directivo aprobou o proxecto de trazado no que se define con claridade o trazado aprobado naquel estudo informativo, proxecto que se identificou con clave AC/03/008/01.2, e que serviu de base para que o Consello da Xunta de Galicia, mediante o Decreto 175/2005, do 9 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño), acordara a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Constituíndo un dos principios inspiradores da actuación desta administración autonómica que as infraestruturas proxectadas teñan como obxectivo acadar unha mellor ordenación do territorio que poida servir de base para o desenvolvemento socioeconómico da nosa comunidade autónoma, e, considerando que no expediente ao que nos referimos, a solución escollida non dá unha resposta axeitada aos problemas que se constatan en canto á articulación territorial da zona afectada, e á redución ou minimización do seu impacto ambiental e sobre os

recursos naturais, o director xeral de Obras Públicas, actuando por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR