DECRETO 81/2013, do 23 de maio, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de ampliación de estrutura e beirarrúa no p.q. 0+160 da PO-250 Redondela (clave PO/08/079.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 8 de outubro de 2012 a directora da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción de ampliación de estrutura e beirarrúa no p.q. 0+160 da PO-250 Redondela (clave PO/08/079.06).

O mencionado proxecto ten por obxecto a ampliación da estrutura existente na estrada PO-250 sobre o río Alvedosa, de xeito que se poida dotar a calzada na zona de cruzamento dun largo axeitado, con dous carrís de 3,50 metros para a circulación de vehículos e unha beirarrúa na marxe esquerda que permita aos peóns circular pola zona e atravesar o río con garantías de seguridade.

Destácase que este treito de estrada se encontra no núcleo urbano de Redondela e a interferencia entre vehículos e peóns é constante.

Estas circunstancias obrigan a unha inmediata actuación dos poderes públicos para facer fronte aos problemas de seguridade viaria na zona da PO-250 que pasa sobre o río Alvedosa. De aí a necesidade de proceder de forma inmediata á execución do proxecto de referencia e, consecuentemente, a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, os cales aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

De conformidade co artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación dos proxectos de estradas de titularidade autonómica implicará a declaración de utilidade pública e da necesidade de ocupación dos bens e de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR