Decreto 149/2005, do 26 de maio, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Rango de LeyDecreto

A dispersión parcelaria que presentan os terreos da parroquia de Fisteus, posta de manifesto polo Concello de Curtis e apoiada polos propietarios da zona, mediante solicitude dirixida ao conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, motivou un estudo de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementar o rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos da parroquia de Fisteus. O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións e exclusións que se acorden ao amparo dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 10/2001, do 10 de setembro.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou modernizar as explotacións agrarias e, en concreto, os que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR