Decreto 10/2005, do 20 de xaneiro, para a utilización da imaxe corporativa Galicia, camiños de concordia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Rango de LeyDecreto

As normas básicas para a correcta utilización dos elementos gráficos representativos de Galicia, camiños de concordia están recollidas nun manual, propiedade exclusiva da Xunta de Galicia a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

Xa que logo, faise preciso normalizar e delimitar o uso da identidade corporativa de Galicia, camiños de concordia, coa finalidade de que na súa utilización non se produzan interpretacións libres que modifiquen os seus límites ou conduzan ao uso indebido da imaxe.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os departamentos da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos, sociedades públicas e fundacións públicas, sen prexuízo da observancia do código de identificación corporativa vixente, utilizarán como elementos adicionais os símbolos de Galicia, camiños de concordia, reflectidos no correspondente manual básico, que figura como anexo deste decreto, en todas as súas accións de comunicación audiovisuais e escritas.

Artigo 2º

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo facilitará a información xeral verbo da regulación, medidas de protección e outorgamento de licenzas para a utilización da identidade corporativa de Galicia, camiños de concordia.

Non se permitirá a utilización da identidade corporativa de Galicia, camiños de concordia en actividades comerciais, salvo que conceda previamente a oportuna licenza a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, e no seu uso para fins non lucrativos ou para actuacións non susceptibeis de produciren beneficios deberá constar expresamente a autorización por escrito da citada sociedade.

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo non responderá, en ningún caso, das infraccións dos dereitos de propiedade industrial e intelectual nin dos actos de competencia desleal en que poidan incorrer os peticionarios.

Artigo 3º

As solicitudes para a utilización dos símbolos representativos de Galicia, camiños de concordia deben dirixirse á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, que será a competente para outorgar as correspondentes licenzas e autorizacións.

Artigo 4º

A Xunta de Galicia fomentará o emprego polas entidades locais galegas dos símbolos de Galicia, camiños de concordia nos mesmos termos que o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR