Decreto 204/2008, do 28 de agosto, sobre asunción da ampliación de funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1319/2008, do 24 de xullo, en materia de educación: homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros en ensinanzas non universitarias, e sobre a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Constitución española no seu artigo 149 reserva para o Estado a competencia exclusiva en materia de regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais.

Pola súa parte, o Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 31 a competencia plena da Comunidade Autónoma na regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis, graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

A través do Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, traspasáronse funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación. Estas funcións e servizos foron asumidos polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro.

Mediante o Real decreto 1319/2008, do 24 de xullo, amplíanse as funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación: homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros en ensinanzas non universitarias.

Procede, en virtude da citada ampliación de funcións e servizos, asumilos de forma expresa, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias polo que se amplían os medios adscritos ás funcións e servizos traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, en materia de educación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de vinte e oito de agosto de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Asunción do traspaso.

Quedan asumidas as funcións e servizos traspasados pola Administración xeral do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1319/2008, do 24 de xullo, sobre ampliación de funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación: homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros en ensinanzas non universitarias, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias do 23 de xuño de 2008, de ampliación das funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, publicado como anexo ao Real decreto 1319/2008.

Artigo 2º Asignación de funcións.

De acordo co...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR