Resolución do 24 de maio de 2005, da División de Recursos Humanos, de selección para vinculación temporal de médicos especialistas en medicina do traballo para as institucións sanitarias deste organismo.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

O pacto sobre selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas, subscrito pola Administración Sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSI-CSIF e SAE (DOG nº 104, do 1 de xuño de 2004), prevé no punto cuarto da norma xeral 6.3. (Supostos especiais) a formalización de convocatoria de selección temporal naquelas categorías que non fosen convocadas no prazo previsto para a convocatoria ordinaria xeral.

Xa que logo, tras a negociación na Comisión central de seguimento do Pacto sobre selección temporal, e de conformidade coas atribucións conferidas polo Decreto 14/2005, do 3 de febreiro de 2005 (DOG nº 25, do 7 de febreiro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e pola Orde do 3 de febreiro de 2005 (DOG nº 26, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a División de Recursos Humanos do Sergas,

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Convocar proceso de selección para a configuración dunha listaxe de ámbito de Comunidade Autónoma de Galicia, para vinculación temporal de médicos do traballo para prestar servizo nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais nas institucións sanitarias do Sergas.

Segundo.-Solicitudes e prazo.

2.1. Solicitudes.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que figura como anexo I desta resolución, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos exixidos e méritos alegados polos aspirantes. Presentar a solicitude será requisito imprescindible para adquirir a condición de aspirante.

Os modelos normalizados de solicitudes estarán á disposición dos interesados na páxina web do Sergas (www.sergas.es), así como no rexistro xeral da Consellería de Sanidade, nas direccións provinciais do Sergas, nos centros hospitalarios e nas xerencias de atención primaria.

Así mesmo, o impreso oficial de autoliquidación de taxa seralles facilitado aos interesados nos rexistros dos organismos anteriormente indicados.

As solicitudes serán dirixidas ao director xeral da División de Recursos Humanos do Sergas e presentaranse nos rexistros dos organismos indicados no parágrafo anterior, preferentemente no rexistro xeral da Consellería de Sanidade (edificio administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1991, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.2. Prazo.

Os interesados poderán achegar a súa solicitude no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Terceiro.-Incompatibilidade con outras categorías.

Os aspirantes que xa figuren inscritos nas listaxes de vinculacións temporais noutra categoría declarada incompatible, no caso de ser admitidos por esta convocatoria, deberán remitir escrito á División de Recursos Humanos do Sergas facendo constar a súa opción a unha delas.

Cuarto.-Requisitos.

Os aspirantes deberán estar en posesión ou en situación de posuír no prazo de presentación de solicitudes dos requisitos seguintes:

  1. Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa dentro do prazo de presentación de solicitudes.

  2. Acreditar a nacionalidade española ou dun país da UE, ou, se é o caso, dispor de autorización para residir e traballar legalmente en España.

  3. Estar en posesión, ou estar en condicións de obter dentro do prazo de presentación de solicitudes da titulación e formación exixida:

    -Licenciado en medicina e cirurxía, especialista en medicina do traballo.

  4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

  5. Non ter sido excluído das listaxes de vinculacións temporais por acordo de exclusión firme fundado en incumprimento grave do aspirante. (Norma xeral 5ª do Pacto sobre selección temporal).

  6. Acreditar o aboamento de taxa, agás o previsto no punto décimo terceiro desta resolución para os aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior a un 33%.

  7. Quenda de promoción profesional temporal...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR