Resolución do 9 de xuño de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde nas categorías de médicos de familia, enfermaría, pediatras, odontólogos, matronas e auxiliares de enfermaría.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

No pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSI-CSIF e SAE, sobre selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas asinado o 6 de maio de 2004, e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño, establécese que unha vez publicado o pacto se formalizará e se publicará a convocatoria de aspirantes.

Esta resolución ten por obxecto formalizar a primeira convocatoria derivada do pacto anterior. Esta convocatoria abrangue as categorías de médicos de familia, pediatras, odontólogos, persoal de enfermaría (ATS/DUE), matronas e auxiliares de enfermaría. As restantes categorías de persoal estatutario formalizaranse en segunda convocatoria, co fin de ordenar e facilitar a entrega das solicitudes nos rexistros así como acadar maior axilidade na tramitación do proceso de presentación de solicitudes e consecuentemente da baremación de expedientes dos solicitantes.

Logo do acordo do contido desta convocatoria no seo da comisión de seguimento do pacto, a División de Recursos Humanos, en uso das atribucións conferidas polo Decreto 45/2002, do 8 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 37, do 20 de febreiro) no que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas normas citadas, esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Por medio desta resolución procédese a convocar os aspirantes interesados en presentar a súa solicitude de inscrición nas listas que se confeccionen en aplicación do pacto de selección temporal de persoal estatutario do Sergas (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño), nas categorías de médico de familia, pediatras, odontólogos, persoal de enfermaría (ATS/DUE), matronas e auxiliares de enfermaría, para acceso a vinculacións temporais no Sergas.

Ao presente proceso, e á selección temporal que del derive, seranlle aplicables as normas previstas no pacto de selección temporal para vinculacións temporais do Sergas (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño) e demais que resulten no seu desenvolvemento.

Segundo.-Solicitudes e prazo.

  1. Solicitudes:

    As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que corresponda a cada categoría, xunto coa documentación necesaria. Os modelos figuran nos anexos desta convocatoria e na páxina web do Servizo Galego de Saúde http://www.Sergas.es/gal/personal/PerListadosContratacion.asp, facilitaranse tamén nas direccións provinciais do Sergas, nos centros hospitalarios e nas xerencias de atención primaria.

  2. Prazo:

    As solicitudes no modelo normalizado, xunto coa documentación necesaria, presentaranse no prazo máximo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Terceiro.-Requisitos.

  3. Os requisitos, que deberán posuír os aspirantes, serán os recollidos na disposición 5.3 do pacto citado (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño), e os que constan no reverso de cada modelo de solicitude, así como os que se dispoñen nesta resolución.

  4. A presentación da solicitude no modelo normalizado resulta requisito imprescindible, en todos os casos, para adquirir a condición de aspirante.

    As solicitudes poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Sergas, nos rexistros do centros hospitalarios do Sergas e nos rexistros das xerencias de atención primaria do Sergas, así como tamén nas oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dirixiranse á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR