ORDE do 10 de xuño de 2014 pola que se ditan normas para o vindeiro curso académico 2014/15 para a adxudicación de destino provisional ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral; ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyOrde

Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 2014/15 ao persoal do corpo de mestres sen destino definitivo, ao persoal do corpo de mestres desprazado por falta de horario e ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde e por conciliación da vida familiar e laboral; ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo, convócase o presente concurso coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan, para a provisión de necesidades de profesorado para o curso académico 2014/15 nos centros que se relacionan no anexo desta orde entre o persoal sen destino definitivo do corpo de mestres que está obrigado a participar, conforme o previsto na base segunda desta orde.

Segunda. Obrigatoriedade de participación

  1. Está obrigado a participar neste concurso:

    1. O profesorado desprazado por falta de horario e o profesorado suprimido. Considérase que un profesor ou profesora non ten horario no seu centro cando non dispón de ningunha hora da súa especialidade ou dispón de menos de cinco horas e estas poden ser asumidas por outro profesor do centro.

    2. O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razóns de saúde, pola situación persoal do propio docente.

    3. O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razóns da saúde, pola situación persoal dun familiar.

    4. O profesorado que teña que reincorporarse á Comunidade Autónoma procedente do estranxeiro.

    5. O profesorado que teña dereito a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira.

    6. O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razón de conciliación da vida familiar e laboral.

    7. O persoal do corpo de mestres en situación de expectativa de destino que figura no anexo II da Resolución do 11 de abril de 2014, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios docentes dos distintos corpos, que se ordenará por maior antigüidade como funcionario de carreira no corpo e, dentro da mesma antigüidade, por maior antigüidade no acceso a funcionario de carreira e, se é o caso, polo número de orde obtida no concurso-oposición.

    8. O profesorado que solicite o reingreso ao servizo activo con efectividade desde o inicio do curso académico 2014/15.

    9. O profesorado interino e substituto, pola mesma orde que participou ou pola que tiña dereito a participar na elección de destino no último curso, sempre e cando non renunciase a unha interinidade ou substitución que lle fose ofertada ou que, aínda tendo renunciado, se acollese ao previsto no punto décimo cuarto da Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    O persoal docente que solicitara unha comisión de servizos por razón de conciliación familiar e laboral non poderá efectuar unha nova petición de prazas, utilizarase a súa instancia de comisión de servizos para a adxudicación de praza.

    O persoal docente que solicitara unha comisión de servizos por razón de saúde e sexa profesor ou profesora en expectativa de destino, interino ou substituto deberá efectuar unha nova solicitude por esa condición. No suposto de non obter destino pola solicitude presentada para a comisión de servizos por razón de saúde, será obxecto de tratamento informático nesta resolución a nova instancia, de ser o caso, presentada. De non presentar esta última instancia, ao profesorado en expectativa de destino que non obtivo destino na solicitude de comisión de servizos adxudicaráselle destino de oficio.

  2. O profesorado en expectativa de destino que estea en situación de servizos especiais ou de excedencia por coidado de fillo ou de familiar ou teña concedida unha licenza por estudos por todo o curso, deberá participar nesta convocatoria sen que a adxudicación de destino supoña un cambio na súa situación administrativa. As prazas que obteña o profesorado en situación de servizos especiais ou teña unha licenza por estudos volverán a adxudicarse no propio proceso de adxudicación.

    Terceira. Desprazamento por falta de horario

    Estará obrigado a participar neste concurso, nas especialidades para as cales estea habilitado e a prazas da súa localidade e, se é o caso, zona educativa:

  3. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, tendo destino definitivo, deba ser desprazado por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2014/15.

  4. Quedará exento de participar obrigatoriamente polo punto 1 desta base o persoal do corpo de mestres que participe polo punto cuarto.

  5. Ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres desprazado por falta de horario que non participe neste concurso, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adxudicaralle de oficio destino provisional para o curso académico 2014/15 nun centro da localidade ou zona educativa na cal está destinado definitivamente, preferentemente nas especialidades das que é titular.

  6. Poderá participar voluntariamente neste concurso, a prazas das especialidades para as cales estea habilitado, e da localidade ou localidades que elixa, o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, tendo destino definitivo, poida ser desprazado por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2014/15. En calquera caso, de non solicitalas a persoa interesada, a Subdirección Xeral de Recursos Humanos engadirá como últimas peticións as correspondentes á localidade e zona educativa do seu centro de destino definitivo.

  7. A Inspección Educativa comunicaralles aos centros educativos e ao persoal interesado, incluído o dos centros públicos integrados e institutos de educación secundaria, con anterioridade ao 25 de xuño de 2014, o número de mestras e mestres e de que especialidade non van ter horario no próximo curso académico. Asemade, a Inspección Educativa remitirá copia desta información á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

  8. Na adxudicación do persoal desprazado por falta de horario terá dereito preferente o persoal desprazado da localidade e desempatará a maior antigüidade no corpo, a maior antigüidade no centro e a maior puntuación no proceso selectivo polo que accederon ao corpo, sucesivamente. Estes criterios aplicaranse tamén entre os participantes que non exerzan o dereito preferente. O persoal do corpo de mestres desprazado por falta de horario participará obrigatoriamente no próximo concurso de traslados que se convoque cos dereitos outorgados ao profesorado suprimido, sen prexuízo das prioridades establecidas nos artigos 16 e 17 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e doutros procedementos de provisión de prazas que cubran eles.

    Cuarta. Prazas que se poden solicitar

    O persoal do corpo de mestres poderá solicitar as seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

    1. As correspondentes ás especialidades para as cales estea habilitado, para os centros e localidades que figuran no anexo desta orde. Os códigos das especialidades son os seguintes:

      Código Especialidade
      31 Educación infantil
      32 Filoloxía e lingua estranxeira: inglés
      33 Filoloxía e lingua estranxeira: francés
      34 Educación física
      35 Educación musical
      36 Pedagoxía terapéutica
      37 Audición e linguaxe
      38 Educación primaria
      60 Pedagoxía terapéutica, ESO
      61 Audición e linguaxe, ESO
      63 Prazas de PT e lecer nas escolas fogar ou CEE
      64 Prazas de EP e lecer nas escolas fogar ou CEE
    2. Ademais, poderá solicitar as vacantes dos departamentos de orientación (código 39) o persoal do corpo de mestres que estea en posesión da titulación de psicopedagoxía, ou pedagoxía, ou psicoloxía, ou filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía), conforme prescribe o artigo 4.a) do Decreto 120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

    3. De acordo co preceptuado na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o persoal do corpo de mestres que teña destino definitivo, ou sexa suprimido ou desprazado por falta de horario nunha praza do primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria, poderá solicitar, ademais, as prazas correspondentes ás especialidades para as cales estea habilitado, para os centros públicos integrados e institutos de educación secundaria que figuran no anexo desta resolución e para as especialidades:

      Código Especialidade
      21 Ciencias sociais-xeografía e historia
      22 Ciencias da natureza
      23 Matemáticas
      24 Lingua castelá
      25 Filoloxía e lingua estranxeira: inglés
      27 Educación física
      28 Educación musical
      67 Lingua galega

      Ademais, o profesorado das especialidades de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe poderán solicitar, en calquera caso as especialidades 60 ou 61, respectivamente. As especialidades 60 e 61 non se considera que impartan o primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria para os efectos económicos correspondentes.

    4. O persoal do corpo de mestres interino e substituto unicamente poderá solicitar prazas da especialidade correspondente á lista en que figura e de primaria, sempre que accedese á primeira interinidade ou substitución con anterioridade ao 31 de agosto de 2008.

    5. O persoal do corpo de mestres interino e substituto que accedera á primeira interinidade ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR