Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O día 23 de xaneiro comezou en Galicia un fenómeno meteorolóxico adverso coñecido como cicloxénese explosiva. Malia térense activado todas as alertas e adoptado múltiples medidas de protección e autoproteción pertinentes, a virulencia extraordinaria do temporal, en particular pola forza do vento, que chegou alcanzar refachos de case 200 quilómetros por hora nalgunhas zonas, ten provocado danos persoais e elevados danos e perdas materiais.

O artigo 38 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, prevé a actuación das administracións públicas na medida das súas competencias para a rehabilitación dos servizos esenciais para a comunidade que foran afectados pola situación de emerxencia, así como o establecemento de axudas en atención ás necesidades derivadas das ditas situacións cando teñan, como no caso presente, natureza catastrófica. Establece, asemade, o carácter subsidiario e complementario de tales axudas ou subvencións con respecto a calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas polos feitos.

A natureza extraordinaria do acontecido, a magnitude dos feitos e as súas consecuencias obrigan, á adopción de medidas e axudas para reparar e paliar, na medida do posible, os danos e perdas sufridos.

Na súa virtude, por proposta dos conselleiros e conselleiras de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, Economía e Facenda, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Innovación e Industria, Medio Rural, Cultura e Deporte, Pesca e Asuntos Marítimos, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e Vivenda e Solo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

As axudas previstas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos e, de ser o caso, perdas, causados polo temporal que afectou Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se conteñen neste decreto e polas contías que nel e nas disposicións que o desenvolvan se establezan.

Artigo 2º Natureza das axudas.
  1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados.

  2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos, procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR