Decreto 10/2006, do 26 de xaneiro, polo que se regula a débeda da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 214, do 5 de novembro), recolle no título II capítulo I, das operacións de endebedamento, as normas ás que se deberán suxeitar as operacións de endebedamento.

O artigo 29.2º establece que o endebedamento, tanto da Comunidade Autónoma como dos seus organismos autónomos, terá que ser autorizado por lei, a cal, sen prexuízo de fixar calquera outra característica das operacións de endebedamento por realizar, deberá sinalar o importe máximo autorizado.

Do mesmo modo, o artigo 31 indica que no endebedamento que a Comunidade Autónoma leve a cabo con persoas físicas ou xurídicas para atender necesidades transitorias de tesouraría, calquera que sexa

a forma en que se documente, o prazo de reembolsamento será inferior a un ano. O límite máximo destas operacións establécese na Lei de orzamentos de cada exercicio.

A Lei 7/2005, do 29 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 250, do 30 de decembro), de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, recolle:

  1. No seu artigo 29 regúlase o volume de endebedamento da Comunidade Autónoma ao final do exercicio. En canto á autorización e formalización das operacións de endebedamento, é de aplicación o artigo 33 do mencionado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no que se establece que a emisión de débeda pública ou operacións de crédito que realicen a Comunidade Autónoma ou os seus organismos autónomos terán que ser autorizadas, en todo caso, polo conselleiro de Economía e Facenda, dentro dos límites sinalados pola lei.

  2. No seu artigo 30 establécese que o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, durante o exercicio do ano 2006, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Con este decreto acórdase a autorización pertinente para que, á medida que xurdan as necesidades de financiamento, poida ser formalizada esta débeda pola Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR