Decreto 21/2004, do 22 de xaneiro, polo que se regula a débeda da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ó exercicio 2004.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 214, do 5 de novembro), recolle no título II capítulo I, das operacións de endebedamento, as normas ás que se deberán suxeita-las operacións de endebedamento.

O artigo 29.2º establece que o endebedamento tanto da Comunidade Autónoma como dos seus organismos autónomos terá que ser autorizado por lei, a cal, sen prexuízo de fixar calquera outra característica das operacións de endebedamento por realizar, deberá sinala-lo importe máximo autorizado.

Do mesmo modo, o artigo 31 indica que no endebedamento que a Comunidade Autónoma leve a cabo con persoas físicas ou xurídicas para atender necesidades transitorias de tesourería, calquera que sexa a forma en que se documente, o prazo de reembolso será inferior a un ano. O límite máximo destas operacións establécese na Lei de orzamentos de cada exercicio.

A Lei 8/2003, do 23 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 251, do 29 de decembro), de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 establece:

  1. No seu artigo 28 regúlase o volume de endebedamento da Comunidade Autónoma ó final do

    exercicio. En canto á autorización e formalización das operacións de endebedamento, é de aplicación o artigo 33 do mencionado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no que se establece que a emisión de débeda pública ou operacións de crédito que realicen a Comunidade Autónoma ou os seus organismos autónomos terán que ser autorizadas, en todo caso, polo conselleiro de Economía e Facenda, dentro dos límites sinalados pola lei.

  2. No seu artigo 29 establécese que o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio do ano 2004, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

    Co presente decreto acórdase a autorización pertinente para que, á medida que xurdan as necesidades de financiamento, poida ser formalizada esta débeda pola Consellería de Economía e Facenda.

    Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de dous mil catro,

    DISPOÑO:

    Capítulo I

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR