Resolución do 11 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do transporte público de mercadorías por estrada.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo do sector do transporte público de mercadorías por estrada, con nº de código 3602135 que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 29-12-2004, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico de Pontevedra, Asociación Provincial de Operadores Logísticos y Transportes de Pontevedra, Asociación Provincial de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra e Asociación de Industriales Transportistas de Pescado de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, en data 20-12-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 2 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado territorial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para

o transporte público de mercadorías

por estrada da provincia de Pontevedra

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta todas as empresas dedicadas ás actividades de transporte regular e discrecional de mercadorías e axencia de transporte establecidas na provincia de Pontevedra e que, mesmo residindo fóra dela, teñan establecemento dentro da mesma provincia no que respecta ao seu persoal.

Artigo 2º Duración e vixencia.

Este convenio terá unha duración de tres anos e nove meses, contados desde o 1 de abril de 2004 ata o 31 de marzo de 2007. Entrará en vigor aos dez días da sinatura, ben que os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ao 1 de abril de 2004.

Entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, con tres meses de anticipación, ao menos, á data da súa terminación. A denuncia deberase facer por escrito dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º Ámbito persoal.

Estas normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas as que alude o artigo 2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria se poidan establecer no futuro serán absorvibles polos aumentos acordados neste convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estritamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou do lugar, implantadas pola empresa que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase para o primeiro ano do convenio pola táboa salarial anexa.

Para o ano 2005 (1-1-2005 ao 31-12-2005) incrementarase o salario da táboa salarial do convenio no IPC resultante do ano 2004 máis o 0,50%.

Para o ano 2006 (1-1-2006 ao 31-12-2006) incrementarase o salario da táboa salarial do convenio no IPC resultante do ano 2005 máis o 1%.

Para o ano 2007 (1-1-2007 ao 31-12-2007) incrementarase o salario da táboa salarial do convenio no IPC resultante do ano 2006 máis o 1%.

Artigo 8º Antigüidade.

A promoción económica en función do traballo desenvolvido, que se devengará desde o día 1 do

mes natural seguinte ao seu vencemento, queda fixada nun 5% do salario base aos cinco anos, un 10% aos dez anos, un 15% aos quince anos e un 20% aos vinte ou máis anos de servizos computables.

Aos traballadores que viñeran percibindo importes polo concepto de antigüidade, calquera que for a súa denominación, en contía superior á que resulte do novo sistema establecido no parágrafo anterior, respectaráselles, a título persoal, mentres lles resulte máis favorable, o dereito a cobraren a cantidade que viñeran percibindo por tal concepto o 31 de decembro de 1997; aos que nesa data estean en curso de adquisición dun novo tramo temporal recoñeceráselles no seu momento -salvo que ambas as partes acorden outra forma de compensación- o dereito a cobraren, a título persoal, a cantidade que terían devengado ao consolidalo, calculada conforme os salarios vixentes en tal momento.

Artigo 9º Complementos salariais.

Establécense os seguintes complementos salariais:

  1. O condutor de vehículos con guindastre que realice ao propio tempo funcións de manipulador de guindastre, terá dereito a un complemento salarial consistente no importe de 43,68 euros mensuais, salvo aqueles condutores manipuladores de guindastre que veñan percibindo cantidades superiores á establecida nesta cláusula.

  2. O condutor de vehículos capitoné dedicados a mudanzas, que ao propio tempo realice as funcións propias da mudanza e demais servizos que esta actividade require, percibirá a cantidade de 40,32 euros mensuais.

  3. O condutor de camións ou furgonetas de negro fume que ao propio tempo teña que inspeccionar o seu estado, limpeza e conservación, e as súas bocas de carga e descarga, así como empatar e desempatar as mangueiras de carga e descarga do propio vehículo, cando así o requira o servizo, percibirá a cantidade de 43,68 euros mensuais.

  4. O condutor de vehículos voceiros percibirá a cantidade de 42,14 euros mensuais por realizar labores adicionais á condución propias desta actividade.

Os complementos establecidos nesta cláusula incrementaranse para os sucesivos anos de vixencia na forma establecida no artigo 7º do convenio.

Artigo 10º Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, máis antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 25 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 11º Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causas do servizo terá dereito a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR