Resolución do 28 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Ribeira.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello de Ribeira (código convenio 1504122) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-6-2003, complementado o 26-1-2004, subscrito en representación da parte económica polo concello e da parte social polos delegados de persoal o día 26-3-2003, e ratificado polo Pleno da Corporación o 31-3-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2004.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

I Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Ribeira (anos 2003-2005)

Mesa xeral de negociación

No Concello de Ribeira constituirase unha mesa xeral de negociación formada pola representación da entidade local e o comité de empresa nos termos que sinala a lexislación vixente, que será a encargada de negocia-la asunción do convenio colectivo na súa totalidade ou parcialmente e os futuros convenios.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito persoal e funcional.

Este convenio regula as relacións sociolaborais do persoal laboral e contratado que presta os seus servicios para o Concello de Ribeira.

Artigo 2º Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

Este convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xuño do ano 2003 abarcando o seu período de

vixencia dous anos, período que non obstante se entenderá prorrogado por anualidades, de non existir denuncia dalgunha das partes, ata a entrada en vigor dun novo convenio que substitúa o anterior trala oportuna negociación.

Ámbalas dúas partes conveñen que o convenio se considerará denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, co fin de inicia-las negociacións e deliberacións do novo convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Nembargantes, ámbalas dúas partes conveñen que se negociará un novo convenio, a partir de setembro do 2004.

Artigo 3º Obxecto.

Este convenio regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal laboral e contratado do Concello de Ribeira.

Artigo 4º Carácter.

O convenio ten un carácter necesario e indivisible para tódolos efectos no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º Compensación e absorción.

As condicións económicas e salariais pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen por imperativo legal, sentencia xudicial, acordo ou pacto, usos e costumes locais ou por calquera outra causa.

Tendo en conta, polo tanto, a natureza do acordo, as disposicións legais futuras, incluídas as relativas a salarios interprofesionais, que impliquen variacións económicas en tódos ou nalgún dos conceptos retributivos pactados, só terán eficacia se, globalmente consideradas e sumadas ós conceptos retributivos vixentes con anterioridade a este acordo, superan o nivel total deste.

En caso contrario, considéranse absorbidas polas melloras pactadas. A comparación será anual e global.

Artigo 6º Situacións persoais fóra de convenio.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter global, excedan do pactado, sempre que sexan consecuencia de sentencias xudiciais, acordos municipais debidamente motivados o calquera otra causa legal.

Artigo 7º Publicidade do convenio colectivo.

Con independencia da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, a publicidade do devandito convenio efectuarase por conta do concello, enviando polo menos un exemplar a cada traballador/a.

Artigo 8º Comisión paritaria de control e seguimento do convenio.

Para examinar e resolver cantas cuestións deriven da interpretación, vixilancia, control e aplicación do convenio, a mesa negociadora deste designa, de entre os seus compoñentes signatarios, unha comisión mixta paritaria de control e seguimento do acordo, a cal estará formada por un representante por cada sindicato representado no comité de empresa e igual número de representantes da corporación.

Será presidente da comisión o alcalde ou, se é o caso, o concelleiro delegado de persoal ou concelleiro no que delegue a Alcaldía. O secretario desta será designado pola propia comisión de entre os representantes sindicais.

A comisión paritaria de control e seguimento terá as seguintes funcións:

  1. Interpretación auténtica do texto do convenio, na súa aplicación práctica.

  2. Informe sobre cantos asuntos e reclamacións para as partes solicitantes ou implicadas de cantos asuntos e reclamacións se sometan á súa decisión respecto a calquera das condicións establecidas no convenio.

  3. Arbitraxe, mediación e conciliación no tratamento e solución das cuestións e conflictos de carácter colectivo que se sometan á súa consideración, se as partes discordantes o solicitan expresamente, e a comisión acepta a función arbitral, mediadora ou conciliadora.

  4. Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado no convenio segundo as oportunas recomendacións e interpretacións.

  5. Denuncia do incumprimento do convenio.

  6. Estudio da evolución das relacións entre as partes signatarias do convenio.

  7. Emitir informes cando así lle sexa solicitado, en relación coas propostas de clasificación e valoración de postos de traballo antes da súa aprobación polos órganos competentes.

  8. Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

  9. Calquera outra que, de se-lo caso, poida serlle atribuídas ó amparo de disposicións que no futuro se promulguen.

    Deberase redactar unha orde do día con carácter previo ás súas reunións.

    A comisión reunirase:

  10. Con carácter ordinario, semestralmente o día que oportunamente se sinale.

  11. Con carácter extraordinario cando o soliciten polo menos o 50% dos seus compoñentes.

  12. As sesións da comisión paritaria celebraranse no domicilio desta, aínda que poderán efectuarse tamén en calquera outro lugar, tralo acordo dos voceiros, estando a asistencia a elas reservada ós membros e asesores correspondentes.

    As convocatorias das diversas sesións da comisión paritaria serán realizadas polo secretario/a por orde do presidente, mediante citación por escrito na que conste lugar, data e hora, así como a orde do día, enviándose ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles respecto da data prevista de celebración, no caso de que convoque a sesión ordinaria, e dous días naturais para o caso de sesión...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR