Resolución do 19 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., para a súa factoría de Robra-Outeiro de Rei.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., para a súa factoría de Robra-Outeiro de Rei (código 2700622), da provincia de Lugo, asinado o día 16 de decembro

de 2004, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de xaneiro de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. para a súa factoría de Robra-Outeiro de Rei (Lugo)

(Anos 2003 a 2006)

Capítulo I

Dereitos lingüísticos

O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis prezados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, que é a nosa obriga coidar e potenciar.

Os traballadores teñen dereito a desenvolver a actividade laboral e profesional en lingua galega.

Capítulo II

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta todos os traballadores que a presten os seus servizos no centro de traballo que Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. ten en Robra, Outeiro de Rei, Lugo, nº patronal 27101569018.

Artigo 2º Ámbito persoal.

Comprende todo o persoal do centro de traballo nas súas distintas categorías profesionais, agás os cargos directivos de director xeral, directores de departamento e directores de planta e aquelas persoas que, pola súa responsabilidade e traballo, a empresa así o considere, sempre con responsabilidade de xestión ou dirección.

Artigo 3º Duración e vixencia.

Para todos os efectos, a vixencia deste convenio iníciase o día 1 de xaneiro do ano 2003 e remata o 31 de decembro do ano 2006, pactándose de común acordo que, á súa expiración, se considera automaticamente denunciado sen necesidade expresa de denuncia.

Artigo 4º Vinculación á totalidade.

Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes fose declarada sen efectos pola xurisdición competente, deberá reconsiderarse no seu conxunto globalmente.

Capítulo III

Réxime retributivo

Artigo 5º Estrutura salarial.

Está constituída polos conceptos seguintes: soldo base, complemento persoal individual de antigüidade, sobresoldo de actividade e outros sobresoldos.

Artigo 6º Pagamento de salarios.

O pagamento dos salarios correspondentes a cada traballador deberá efectuarse no último día laborable de cada mes. O traballador terá dereito a percibir anticipos á conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento.

Artigo 7º Salario base.

Establécese un salario base por categorías cuns importes para o ano 2003 que figuran na táboa salarial anexo II.

Artigo 8º Antigüidade consolidada.

De acordo co artigo 8 do convenio colectivo de 1998-1999, mantéñense e consolídanse os importes que polo complemento persoal de antigüidade, á data 1-1-1999, tivese cada traballador, como complemento persoal non absorbible nin compensable, non xerándose máis quinquenios a partir da dita data.

Os contratos que se realicen ou convertan en indefinidos a partir do 31-12-1998 non devengarán antigüidade.

Artigo 9º Gratificacións extraordinarias.

Gratificacións fixas. Todos os traballadores aos que lles é de aplicación este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias anuais (marzo, xullo e decembro), que serán aboadas o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente, a razón de 30 días de salario base, complemento persoal individual de antigüidade e sobresoldo de actividade, ou parte proporcional correspondente ao tempo de permanencia na empresa.

Os períodos de devengo das ditas gratificacións son os seguintes:

Marzo: 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano anterior.

Xullo: 1 de xullo do ano anterior ao 30 de xuño do ano actual.

Decembro: 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano actual.

Artigo 10º Sobresoldo de actividade.

Establécese un sobresoldo de actividade cuns importes mínimos mensuais por categorías que se indican na táboa salarial anexo II.

Artigo 11º Sobresoldo de nocturnidade.

As quendas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno por natureza, terán un sobresoldo nocturno fixo para todos os traballadores, para o ano 2003 de 19 A, no ano 2004 de 22 A, no ano 2005 de 24 A e no ano 2006 de 26 A, por cada quenda de noite ou a contía proporcional en función das horas nocturnas traballadas.

Artigo 12º Axudas de custo.

Establécense os seguintes importes en concepto de axudas de custo para o persoal:

Xantares: 10,90 A.

Almorzos: 1,51 A.

Ceas: 9,25 A.

Hotel: 3 estrelas.

Artigo 13º Sobresoldo tóxico, penoso e perigoso.

Establécese un sobresoldo para postos de traballo tóxicos, penosos ou perigosos de 111,60 A/mes. A definición dos ditos postos determinaraa o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da Xunta de Galicia, así como a mutua de accidentes de traballo.

Ambas as dúas partes consideran tóxicos, penosos ou perigosos os seguintes postos: operadores de VTIS e persoal da torre de leite en po.

Para o persoal doutras seccións que a empresa incorpore á sección da torre, establécese un sobresoldo de 5,59 A/día en concepto de penosidade ou perigosidade.

Para o persoal das seccións de mantemento e caldeiras este sobresoldo establécese na cantidade de 25,78 A/mes.

Artigo 14º Sobresoldo de traballo a quendas e sobresoldo de traballo en sábados.

O persoal que desenvolva o seu traballo en réxime de quendas percibirá mensualmente un sobresoldo para o ano 2003 de 21,50 A, no ano 2004 de 23,50 A, no ano 2005 de 25,50 A e no ano 2006 de 26,50 A.

O persoal que na súa xornada ordinaria se inclúan os sábados percibirá mensualmente un sobresoldo para o ano 2003 de 18 A, no ano 2004 de 19 A, no ano 2005 de 20 A e no ano 2006 de 22 A.

Artigo 15º Traballo en cámaras.

O persoal que traballa habitualmente en cámaras de conxelación con temperaturas inferiores aos -10ºC rexerase polas seguintes condicións: serán providos de roupa de traballo adecuada á temperatura da cámara, cun uso por parte do traballador que será obrigatorio; en todo caso, cumpriranse estritamente as normas de seguridade e saúde laboral.

De común acordo entre empresa e comité establécese un sobresoldo para os carreteiros de expedicións de 34,37 A/mes.

Artigo 16º Quebranto de moeda.

O caixeiro ou auxiliar de caixa e cobradores percibirán mensualmente en concepto de quebranto de moeda a cantidade de 34,37 A o primeiro e 29,81 A os dous últimos. Do mesmo modo, o persoal de autovendas que realice xestións de cobramento percibirá, polo mesmo concepto, a cantidade de 29,81 A.

Artigo 17º Incremento salarial.

Acórdase que os incrementos que durante a vixencia do convenio serán os seguintes:

Incremento do ano 2003 do 4,4%.

Incremento do ano 2004 do IPC real máis 1,9%.

Incremento do ano 2005 do IPC real máis 1,75%.

Incremento do ano 2006 do IPC real máis 2%.

Os anteriores incrementos serán de aplicación a todos os conceptos agás aqueles complementos nos que se pactaron incrementos lineais e que se retribuirán coas cantidades establecidas para cada un dos anos no texto deste convenio.

Para os efectos de aplicar os incrementos para os tres últimos anos de vixencia do convenio, inicialmente se aplicará o incremento de IPC previsto máis o 1,9%, 1,75% e 2% respectivamente para cada un dos anos, e unha vez coñecidos os IPC reais procederase á súa regularización con efectos retroactivos a data 1 de xaneiro de cada ano.

Artigo 18º Prestacións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR