Decreto 6/2006, do 26 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia configura na sección 1ª do capítulo I, no capítulo II e no capítulo III o réxime xeral de aplicación das taxas, prezos públicos e prezos privados respectivamente, remitindo determinados aspectos a normas de carácter regulamentario.

O Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece, no seu artigo 12, como procedemento xeral para a liquidación das taxas, a autoliquidación polo suxeito pasivo, contemplando, no entanto, algunhas excepcións a este procedemento xeral, nos seus puntos 4 e 5.

A Lei de orzamentos xerais para o 2006 aplica a taxa por servizos profesionais, na súa modalidade de actuacións profesionais, a un suposto de prestación de servizo por parte do organismo autónomo de Augas de Galicia, que consiste na dirección e inspección da explotación de infraestruturas hidráulicas. Este servizo ten un procedemento de xestión similar ao correspondente á dirección e inspección de obras realizadas mediante contrato, polo que se estima conveniente que o procedemento de exacción destas tarifas sexa o mesmo. Como queira que esta forma de exacción da tarifa é unha das excepcións contempladas no artigo 12 do Decreto 61/2005, cómpre modificar a redacción deste, coa finalidade de incluír, así mesmo, a nova tarifa.

Esta disposición foi sometida ao trámite de audiencia aos cidadáns ao que se refire o artigo 24.1º da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, mediante a petición do ditame do Consello Económico e Social de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, consonte co Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Modifícase o punto 5 do artigo 12 do Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas

para a aplicación das taxas e prezos da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR