Decreto 11/2008, do 24 de xaneiro, polo que se acorda a cesión, a título gratuíto, do dereito de uso dun inmoble, antiga cámara agraria local, ao Concello de Silleda.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Xunta de Goberno Local do concello de Silleda, en sesión ordinaria do 28 de setembro de 2007, acordou solicitar á Comunidade Autónoma de Galicia a continuación da cesión no seu día concedida do uso dun inmoble sito na rúa Pontevedra, nº 6 de Silleda.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión de uso do inmoble, de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da comunidade autónoma.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de vinte e catro de xaneiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto a favor do Concello de Silleda do dereito de uso dun inmoble sito na vila de Silleda, rúa Pontevedra, nº 6, antiga cámara agraria local. Componse de planta baixa, destinada a oficinas e almacén ou celeiro e dunha planta alta, destinada tamén a oficinas da cámara agraria.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 494, libro 111, folio 237, predio 15.328.

Artigo 2º

A cesión de uso queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servizos de interese xeral agrario.

  2. A cesión outorgarase por un período de dez anos contados desde a formalización da escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo de petición do cesionario con anterioridade ao vencemento do período anterior.

  3. Se o dereito cedido non se aplicase ao fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, ou deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o inmoble reverterá á Comunidade Autónoma de Galicia con todas as súas pertenzas e accesións, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentase. A Consellería de Economía e Facenda poderá comprobar o cumprimento das obrigas que leva implícitas a cesión.

  4. Serán por conta da entidade cesionaria:

    -Os custos de conservación, administración e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

    -As cotas dos tributos que poidan gravar o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR