Decreto 30/2004, do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, crea a figura da xunta consultiva, un órgano colexiado de carácter asesor, para colaborar na xestión dos parques naturais da Comunidade Autónoma de Galicia e canaliza-la participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados. Esta figura ven substituí-las antigas xuntas rectoras que, con carácter potestativo, existían na maior parte dos parques naturais galegos.

A xunta consultiva estará composta, polo menos, polo seu presidente e o director do espacio natural protexido e nela terán que estar representados os concellos onde se sitúa o espacio, os propietarios

de terreos incluídos nel, os intereses sociais, institucionais ou económicos e as entidades protectoras da natureza.

Procede, pois, axeita-la composición da Xunta Rectora do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán ó novo esquema, establecido pola devandita Lei 9/2001, do 21 de agosto.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único
  1. Créase a Xunta Consultiva do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

  2. Esta xunta estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: unha persoa de recoñecido prestixio e coñecedor do territorio incluído no parque. Será nomeado polo conselleiro de Medio Ambiente por proposta do director xeral de Conservación da Natureza.

Vicepresidente primeiro: o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña.

Vicepresidente segundo: o alcalde do Concello de Ribeira ou concelleiro en que delegue.

Vocais:

-O director do parque natural.

-Un representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

-O xefe do Servicio Provincial de Espacios Naturais e Biodiversidade.

-O xefe do Distrito Forestal IV Barbanza.

-Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Un representante da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Un representante da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Un representante da Universidade de Santiago de Compostela.

-Un representante da Deputación Provincial da Coruña.

-Un representante das asociacións, elixido por elas mesmas de entre as que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente da Xunta de Galicia, designado entre eles...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR