Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro, polo que se crea e regula o funcionamento da Comisión Galega de Formación Profesional Continua.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O II Programa nacional de formación profesional, no seu obxectivo primeiro, establece a necesidade de incrementar a profesionalización e a integración da formación profesional continua co resto dos subsistemas de formación profesional.

O Plan galego de formación profesional recoñece como unha das claves do desenvolvemento social de Galicia a potenciación da formación profesional continua; avoga, así, pola implantación dunha política de financiamento e de apoio á formación que estimule as oportunidades de adquirir formación coa calidade adecuada así como os investimentos en formación, mediante unha maior planificación e unha maior contribución de recursos.

Todo isto nun marco de competencias que lle permitirá asumir plenamente a capacidade de planificación da formación profesional continua á Comunidade Autónoma de Galicia.

As sentenzas do Tribunal Constitucional do 25 de abril e do 17 de outubro de 2002 inscriben a regulación da formación profesional continua no ámbito da lexislación laboral, polo que se recoñecen ámbitos de competencia autonómica na xestión e execución da normativa propia deste subsistema.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e a formación profesional, ten por obxeto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que debe favorecer a formación ao longo de toda a vida. Este sistema debe rexerse polos principios de igualdade dos cidadáns, participación e cooperación dos axentes

sociais cos poderes públicos nas políticas formativas e de cualificación profesional.

O Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional continua, modifica o modelo de xestión da formación e reciclaxe profesional dos traballadores ocupados, regulado ata esa data mediante os acordos nacionais de formación continua, subscritos entre as organizacións empresariais e sindicais máis representativas e o Goberno do Estado. O novo modelo de xestión da formación profesional continua articúlase coa incorporación na súa xestión das comunidades autónomas e co recoñecemento do protagonismo dos axentes sociais no desenvolvemento deste subsistema.

Co fin de asegurar a implementación do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional en Galicia e, en concreto, a implantación do novo modelo de xestión do susbsistema de formación profesional continua garantindo os devanditos principios programáticos, asinouse o 29 de marzo de 2004 o Acordo galego de formación profesional continua entre os axentes sociais máis representativos de Galicia e a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Este acordo establece como o seu principio primeiro cubrir as necesidades formativas das empresas e dos traballadores galegos, desde a perspectiva dunha planificación coordinada, ordenada e racional do conxunto das políticas de formación en Galicia, dentro dun marco integrado dos actuais subsistemas de formación profesional.

Pola súa vez, establece como os seus obxectivos os seguintes: mellorar a competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de produción, incrementar o grao de axuste das accións de formación profesional continua financiadas con fondos públicos ás necesidades de diversos sectores mediante o incremento dos recursos asignados aos sectores con maiores necesidades formativas ou de maior importancia para a economía galega, incrementar a cobertura das accións de formación profesional continua, incrementar a participación na formación profesional continua daqueles colectivos de traballadores e traballadoras con maiores riscos de inestabilidade ou exclusión do emprego, promover os investimentos empresariais en formación profesional continua, promover a dedicación dos traballadores e traballadoras á formación profesional continua, promover un sistema de financiamento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR