Decreto 22/2004, do 22 de xaneiro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun videobroncoscopio con destino ó Hospital do Meixoeiro.

Sección:III. Outras Disposicións
Emisor:CONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de Lei:Decreto
 
INDEX
FREE EXCERPT

A empresa Olympus Optical España, S.A. ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde do activo que se detalla a continuación, con destino ó Servicio de Pneumoloxía do Hospital do Meixoeiro:

Un videobroncoscopio, marca Olympus, modelo BF-1T240, cun valor de 21.983,82 A.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

Un videobroncoscopio, marca Olympus, modelo BF-1T240, cun valor de 21.983,82 A, doado pola empresa Olympus optical España, S.A., con destino ó Servicio de Pneumoloxía.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase ó Hospital do Meixoeiro, de acordo coa vontade do doante.

Disposición derradeira

...

To continue reading

REQUEST YOUR TRIAL