DECRETO 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O 4 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a estrutura orgánica da Xunta de Galicia para adaptala ás necesidades actuais tendo en conta os criterios de eficacia, economía e austeridade que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

En consecuencia, procede agora aprobar a estrutura orgánica superior das consellerías, de acordo co artigo 25.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, para dispor a súa organización e, en particular, establecer a adscrición dos órganos superiores e directivos das consellerías afectadas polos cambios organizativos ás consellerías resultantes da nova organización.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catro de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1
  1. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica.

    2. Dirección Xeral de Xustiza.

    3. Dirección Xeral de Administración Local.

    4. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

    5. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

    6. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

    7. Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

  2. Quedan adscritas organicamente a esta consellería as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As delegacións territoriais, configuradas como órganos de dirección, terán nivel orgánico de dirección xeral.

  3. Así mesmo, quedan adscritas a esta consellería as delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

  4. Igualmente, quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

    2. O organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública.

    3. O ente público Axencia Galega de Emerxencias.

Artigo 2
  1. A Consellería de Facenda estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

    2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    3. Dirección Xeral de Orzamentos.

    4. Dirección Xeral de Tributos.

    5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    6. Dirección Xeral de Planificación e Fondos.

    7. Dirección Xeral da Función Pública.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

    2. O organismo autónomo Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

    3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

    4. O Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

Artigo 3
  1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica.

    2. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

    3. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

    4. Dirección Xeral de Infraestruturas.

    5. Dirección Xeral de Mobilidade.

    6. Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

    7. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

    2. O organismo autónomo Augas de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR