Decreto 11/2005, do 20 de xaneiro, polo que se declara a Praia das Catedrais como monumento natural.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A Praia das Catedrais, situada no extremo oriental da provincia de Lugo dentro do termo municipal de Ribadeo, está constituída por unha serie de pequenos cantís e praias distribuídos en dirección leste-oeste ao longo dunha superficie de arrasamento

moi plana denominada rasa litoral cantábrica. A intensa erosión exercida polo mar sobre estes cantís, formados fundamentalmente por xistos e lousas, iníciase nas zonas de debilidade estrutural dando lugar progresivamente a un sistema de covas, bufadores e xigantescos arcos que forman un conxunto de extraordinaria beleza. Na parte superior dos cantís, os escasos predios dedicados á produción agrícola intercálanse entre unha boa representación de uceiras -toxais aerohalinos nos que destaca a presenza de Erica vagans, especie que en Galicia está restrinxida a algúns puntos do seu extremo setentrional. Estas uceiras secas costeiras de Erica vagans constitúen un hábitat prioritario segundo a Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Estes recursos naturais necesitan dunha protección que asegure a súa conservación compatible co uso público e gozo da natureza neste espazo, tal como se sinala na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandado recollido no artigo 45 da vixente Constitución española e unha necesidade para asegurar a supervivencia dos nosos ecosistemas.

A citada Lei 9/2001, do 21 de agosto, define no seu artigo 13 a figura de monumento natural como aqueles espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial, así como as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.

As competencias en materia de protección do ambiente e da paisaxe foron conferidas á Comunidade Autónoma de Galicia polo artigo 27.30º do Estatuto de autonomía e asumidas pola Xunta de Galicia a través do Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño.

Por esta razón e por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Establécese un réxime xurídico especial para o espazo denominado Praia das Catedrais, mediante a súa declaración como monumento natural, de acordo co establecido na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR