Decreto 9/2006, do 19 de xaneiro, polo que se modifican os estatutos da sociedade pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A sociedade pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., foi creada polo Decreto 254/2003, do 24 de abril, en cumprimento do disposto na disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, que autorizaba á Xunta de Galicia a constituír unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, participada integramente pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., coa finalidade de construír e, de ser o caso, explotar as obras da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, treito alto de Santo Domingo-A52 (Ourense).

Nestes momentos, co obxecto de acometer os investimentos necesarios para finalizar as obras que constitúen o obxecto social, é preciso levar a cabo unha ampliación de capital por importe de cinco millóns de euros. Esta ampliación do capital social realizarase mediante a emisión de 5.000 accións nominativas de 1.000 A de valor nominal cada unha, pertencentes á mesma serie que as 6.000 accións xa existentes.

Como consecuencia do acordo de ampliación do capital social adoptado pola Xunta Xeral da Sociedade o día 22 de decembro de 2005, unha vez subscritas e desembolsadas as accións, procede modificar os artigos 6º e 7º dos estatutos sociais.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como no artigo 111.2º do Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, e co artigo 25 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, de acordo igualmente co Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícanse os artigos 6º e 7º dos estatutos da sociedade pública Autoestrada Alto de Santo Domin

go-Ourense, S.A., aprobados...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR