Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula a factura electrónica e a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en materia de contratación pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e entes do sector público dela dependentes.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

A contratación pública é un dos sectores estratéxicos onde pode resultar especialmente vantaxosa a utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación, e como tal vén sendo obxecto, pola Unión Europea, de iniciativas presentadas a través de sucesivos plans de acción e de medidas lexislativas que impulsan a implantación dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos (en diante, medios EIT) nos procesos que lle afectan.

Para alcanzar estes obxectivos, o 31 de marzo de 2004 foron aprobadas polo Parlamento Europeo e o Consello as directivas 2004/17/CE e 2004/18/CE, sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos nos sectores da auga, da enerxía, dos transportes e dos servizos postais, e sobre a coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministración e de servizos, respectivamente, cunha clara vontade de apoio e impulso ao uso das novas tecnoloxías no ámbito da contratación pública, asignándolles unha gran relevancia ao entender que son un medio de mellorar a eficacia, calidade e economía de custos dos procesos de contratación que reforza a competencia e a transparencia ao fortalecer as canles de información e accesibilidade aos seus procedementos.

As transposicións das citadas directivas á normativa estatal -a través das leis 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (en diante LCSP) e 31/2007, do 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais-, así como a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, definen o escenario en que se debe mover o uso das novas tecnoloxías e permiten concretar iniciativas de impulso para a consecución dos obxectivos sinalados.

Por un lado, a regulación dos perfís do contratante e da Plataforma de Contratos dos artigos 42 e 309 da LCSP exixe a implantación de sistemas informáticos que faciliten o acceso á información vinculada ás licitacións en trámite dos distintos órganos de contratación do sector público.

Así mesmo, as disposicións derradeiras décimo oitava e décimo novena da LCSP, que regulan as normas relativas aos medios de comunicación utilizables nos procedementos regulados na lei (teléfono, fax e medios EIT) e o uso deses medios, establecen os parámetros técnicos e xurídicos das aplicacións, sistemas e programas a desenvolver.

A licitación electrónica, a factura electrónica e os novos sistemas de comunicación e de intercambio e almacenamento de información configuran novas técnicas de xestión que deben garantir a integridade dos datos remitidos, importantes canons de seguridade e novas técnicas de autenticación. Todas estas garantías susténtanse baixo a exixencia de implementar servizos de amplo uso, doado acceso e non discriminatorios.

O plan de acción comunitario, i2010 - Unha sociedade da información europea para o crecemento e o emprego (COM (2005) 229 final) e, máis concretamente, o seu desenvolvemento a través do Plan de Acción sobre Administración Electrónica i2010 (COM (2006) 173 final), marcou como obxectivo que, neste ano, todo sector público da Unión Europea adxudique por medios electrónicos polo menos o 50% dos contratos públicos que superen os limiares comunitarios, meta que hai que conseguir na cal se circunscribe este decreto.

Non obstante, para que a instauración da administración electrónica sexa óptima, é indispensable dispoñer de determinadas ferramentas clave, tales como:

-Sistemas interoperables de xestión da identificación electrónica para o acceso aos servizos públicos.

-Autenticación de documentos electrónicos.

-Arquivado electrónico.

-Sistemas e publicación, notificación, sinatura e factura electrónicos.

A ese respecto a Comunidade Autónoma de Galicia, no contexto de impulso á modernización administrativa a través da utilización das TIC, pode presentar como experiencias xa consolidadas, unha serie de medidas normativas e organizativas que, no seu día, se anticiparon á actual regulación. Así, o Sistema de Publicación e Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SIPLEX), creado no ano 1993, foi precursor dos actuais sistemas de licitación electrónica e do que, na LCSP, se denominan actualmente plataformas de contratación, xa que permitía, pola internet, mostrar os anuncios das licitacións iniciadas pola Administración autonómica. Dous anos despois, a creación do Rexistro Xeral de Contratistas mediante o Decreto 199/1995, do 10 de maio, ademais de lles evitar aos licitadores a presentación reiterada de documentacións análogas a cada licitación, xa consideraba a expedición por medios informáticos dos certificados que proban os documentos nel contidos, tal e como agora se sinala no artigo 72.2º da LCSP.

O Estatuto de autonomía de Galicia atribúelle a esta comunidade autónoma a competencia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de contratos administrativos nos termos que nela se estableza (Lei orgánica 1/1981, artigo 28.2º). Ademais, esta comunidade ten competencia sobre a organización das súas institucións de autogoberno e sobre os procedementos administrativos derivados da organización propia dos poderes públicos galegos (Lei orgánica 1/1981, artigo 27.1º e 5º).

É vontade da Xunta de Galicia avanzar na implementación dos medios EIT xa en funcionamento con novos programas e aplicacións que se integrarán nun sistema global, integral, modular e progresivo que ofreza superiores niveis de servizo ás empresas galegas e aos órganos da Administración e sector público implicados na contratación e compra pública.

A Consellería de Facenda, a través da Xunta Consultiva de Contratación da Comunidade Autónoma como unidade de coordinación da contratación e de normalización dos instrumentos contractuais da Comunidade Autónoma galega, está a deseñar o modelo e desenvolvendo os criterios para a posta en marcha do proxecto descrito neste. Así mesmo, en atención ao Decreto 325/2009, do 18 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúense á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica as competencias no establecemento de directrices tecnolóxicas que deben seguir todos os órganos da Xunta de Galicia, a planificación, deseño e xestión do modelo de Administración electrónica, así como a implantación e regulación da utilización das técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas nas relacións da sociedade coa Administración autonómica galega.

En virtude do anteriormente exposto, a implantación dos medios electrónicos no ámbito da facturación e a contratación pública enmárcase nas políticas corporativas comúns do Goberno galego para o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR