Decreto 3/2007, do 18 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Camariñas, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acondicionamento do litoral da praia de Arou e a súa contorna.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O concello de Camariñas, en sesión que tivo lugar o día vinte de decembro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de acondicionamento do litoral da praia de Arou e a súa contorna e, na sesión do vinte e catro de xuño de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e este contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación á que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a actuación consiste en proporcionar maior seguridade aos peóns e evitar o altísimo perigo de accidentes á hora de circular pola estrada, debido, entre outras circunstancias, á proximidade da praia á vía, a existencia de acantilados, a alta densidade de tráfico, sen apenas abeiros que defendan a diferenza de nivel existente entre a vía e a praia de Arou, un ancho de calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a inexistencia de beirarrúas, o mal estado do firme da estrada e cun trazado de curvas perigosas debido a un...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR