Decreto 25/2004, do 22 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Cabana de Bergantiños, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación ambiental da marxe esquerda do río Anllóns.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

Con data do seis de novembro de dous mil tres, o Concello de Cabana de Bergantiños remite expediente a esta consellería, de solicitude á Xunta de declaración de urxente ocupación para a execución das obras do proxecto denominado «Recuperación ambiental da marxe esquerda do río Anllóns»; no citado expediente constan os acordos plenarios do quince de decembro de mil novecentos noventa e sete, de aprobación do citado proxecto, e do dezaseis de setembro de dous mil tres, de solicitude á Xunta da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Consta no expediente que con posterioridade á aprobación do proxecto se suspendeu temporalmente o proceso seguido, a consecuencia da interposición por varios afectados do recurso contencioso-administrativo nº 7772/1998 ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictando con data do 22 de novembro de 2002, sentencia a referida sala no sentido de desestima-lo recurso interposto.

Unha vez que se posibilitou a continuación do expediente, o concello puxo de manifesto as causas que motivaron a urxencia no seu momento, e que

non só se manteñen, senón que aumentaron, sendo así que é necesaria a inmediata execución do proxecto para a recuperación do litoral, que se atopa en progresiva degradación debido ós vertidos incontrolados e da invasión do dominio público terrestre que vén sufrindo toda a zona, que pon en perigo tanto o esteiro do río Anllóns, confinado por unha barra areosa e constituído por un sistema de praias e dunas asociadas, como tamén o peirao do Pendón, que presenta un estado de deterioración lamentable e que require a súa pronta recuperación por encontrarse nas súas inmediacións parques de cultivos e bancos marisqueiros, polo que a actuación permitiría poder conserva-lo potencial de riqueza mariña e a recuperación das praias.

Por parte do Concello de Cabana de Bergantiños foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día un de decembro de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR