Resolución do 8 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas establecidas no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero establece, no seu artigo 27º, o dereito a unha axuda económica para aquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que se sitúen nun determinado nivel de rendas e sobre as cales se presuma que pola súa idade, falta de preparación xeral ou especializada e circunstancias sociais, teñen especiais dificultades para obter un emprego. Trátase dun dereito subxectivo, mediante o cal se pretende facilitar a súa integración social.

En aplicación da disposición derradeira cuarta desta lei aprobouse o Real decreto 1452/2005, do 2 de decembro, polo que se regula esta axuda, e que se xustifica na necesidade de concretar os factores que inflúen na capacidade de inserción profesional das mulleres vítimas de violencia de xénero e tamén nas posibilidades de modulación da contía da axuda en atención ás distintas circunstancias en que se poden encontrar as vítimas. Estas axudas fináncianse con cargo aos orzamentos xerais do Estado, polo cal o importe dos pagamentos será reembolsado polo ministerio competente na súa integridade; non obstante, a concesión correspóndelles ás administracións competentes en materia de servizos sociais. Así, o artigo 40º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, determina que a Xunta de Galicia, a través do departamento competente en materia de igualdade, regulará as bases da convocatoria e tramitará as axudas que se definan na lexislación estatal, segundo o disposto na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas para a protección integral contra a violencia de xénero.

Por outra banda, o Fondo Galego de Garantía de Indemnizacións regulado no artigo 43º da Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, indica que a Xunta de Galicia concederá indemnizacións a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas que residan en Galicia e que non poidan percibir as indemnizacións que lles correspondan polos danos e perdas causados, e que resultarán fixadas mediante sentenza xudicial ditada polos xulgados e tribunais con sede no territorio galego. Estas indemnizacións aboaranse cando exista constatación xudicial de incumprimento do deber de satisfacelas por insolvencia económica e este incumprimento comporte unha situación de precariedade económica.

O Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, configura a Secretaría Xeral da Igualdade como órgano superior dependente desta. De acordo co establecido no artigo 4º do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 215/2010, do 16 de decembro, á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, correspóndelle impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da violencia de xénero.

En consecuencia, a través desta disposición establécense as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas previstas nos anteditos preceptos legais, e convócanse para o ano 2011.

A resolución destas axudas axustarase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 e demais disposicións aplicables.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto, réxime e finalidade.
  1. O obxecto desta resolución é establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2011.

  2. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, tendo en conta en todo caso os principios recollidos no artigo 5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  3. A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

Artigo 2º Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2011 no caso da axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2011 para a indemnización recollida no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Artigo 3º Orzamento.

Para a concesión destas axudas destínase crédito polo importe e nas aplicacións seguintes:

-Axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: 175.000 euros na aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.2.

-Indemnización establecida no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: 45.000 euros na aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.1.

Este crédito poderá ser ampliado cando o aumento veña derivado dalgún dos supostos previstos no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento de crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade deste como consecuencia das circunstancias sinaladas no antedito artigo.

Artigo 4º Contía das axudas.
  1. Axudas establecidas no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

    1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.

    1.2. O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

    1. Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.

    2. Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

      1.3. O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

    3. Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.

    4. Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.

      1.4. O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

    5. Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.

    6. Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

  2. Axudas de indemnización establecidas no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

    A contía da indemnización que se aboará será, sen prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a este.

    A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR