Decreto 256/2006, do 28 de decembro, polo que se regula o procedemento de xerarquización e acceso á carreira profesional do persoal estatutario especialista de cota do Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde presta servizos un colectivo de profesionais do que as súas condicións retributivas e de traballo continúan a rexer polo modelo tradicional, caracterizado por percibir as súas retribucións polo sistema de coeficiente e presentar importantes diferenzas con respecto ao réxime ordinario de prestación de servizos tanto no que se refire á xornada de traballo como a súa inserción no réxime funcional e de organización de traballo que hoxe en día se entende como ordinario no funcionamento dos dispositivos sanitarios públicos.

A Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, incorporou no seu artigo 65 un criterio xeral de homologación das condicións de traballo do persoal que presta servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde. De acordo con este criterio, este organismo debe adoptar, baixo o principio de voluntariedade, as medidas necesarias para a homologación das condicións de traballo e

réxime de prestación de servizos de todo o persoal do organismo.

Este criterio de homologación é coherente coa previsión que se establece con respecto ao persoal de cota e zona na disposición transitoria terceira da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, que veu a dispoñer que o persoal de cota e zona poderá integrarse no sistema de prestación de servizos, de dedicación e de retribucións que se establece na devandita lei na forma, prazo e condicións que en cada servizo de saúde se determine.

O acordo subscrito no ano 2003 pola Administración sanitaria e as centrais sindicais CEMSATSE, CIG, SAE e UGT sobre mellora retributiva e profesional do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde incorporou un compromiso de negociación dirixida a establecer as condicións para que o persoal especialista de cota de atención especializada con praza en propiedade puidese optar pola súa xerarquización.

O sistema de xerarquización que se regula no presente decreto está baseado na opción voluntaria manifestada polo profesional. Porén, esta opción voluntaria debe desenvolverse dentro dun proceso de dimensionamento ordenado dos cadros de persoal das institucións sanitarias do Sergas, e polo tanto, faise depender a súa eficacia da previa oferta de xerarquización realizada polo centro no que se integra.

O decreto regula, así mesmo, o réxime extraordinario de recoñecemento profesional do persoal estatutario especialista de cota, en desenvolvemento da previsión expresa contida no Decreto 155/2005, do 9 de xuño. Complétase deste xeito a implantación dun sistema de carreira profesional que abrangue a todos os colectivos de licenciados sanitarios que prestan servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde con vínculo estatutario, coa particularidade para este colectivo de relacionarse estreitamente este proceso co propio procedemento de xerarquización.

A materia que se regula na presente disposición foi obxecto de negociación na mesa sectorial do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e acordo coas organizacións sindicais, representadas nela.

Tendo en conta o anterior, por proposta da conselleira de Sanidade, co ditame favorable número CCG-820/06 do Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Obxecto

Artigo 1º Obxecto.

Esta norma ten por obxecto:

  1. Regular o procedemento de integración do persoal facultativo especialista dependente das institu

    cións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde que percibe as súas retribucións polo sistema de cota no sistema de prestación de servizos, de dedicación e de retribucións establecido na Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario do Sistema Nacional de Saúde, a través da integración das prazas ocupadas polo dito persoal nos servizos xerarquizados de atención especializada.

  2. Habilitar, en desenvolvemento da previsión específica contida na disposición adicional terceira do Decreto 155/2005, do 9 de xuño, un sistema extraordinario de recoñecemento do desenvolvemento profesional do persoal especialista de cota en termos parangonables ao do resto do persoal estatutario das categorías de licenciado sanitario, tendo en conta as peculiaridades do seu réxime de prestación de servizos.

    Capítulo II

    Procedemento para a xerarquización das prazas

    desempeñandas polo persoal facultativo

    especialista de cota

Artigo 2º Concepto de xerarquización.
  1. Para os efectos do presente decreto enténdese por xerarquización a integración, con carácter voluntario e logo de oferta realizada polo órgano competente da administración sanitaria, de prazas de facultativo especialista de cota nos servizos xerarquizados de atención especializada do Servizo Galego de Saúde.

  2. A xerarquización producirase na categoría estatutaria de facultativo especialista de área. As prazas de médicos especialistas de cota que se xerarquicen transformaranse en prazas desta categoría, que quedarán adscritas, orgánica e funcionalmente, aos servizos xerarquizados das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde da especialidade correspondente, nos termos que estableza a respectiva oferta de xerarquización.

  3. O persoal que se incorpore ás prazas xerarquizadas como consecuencia dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR