Decreto 123/2006, do 13 de xullo, polo que se acorda a cesión, a título gratuíto, do dereito de uso do inmoble denominado As Torres de Santa Cruz ao Concello de Oleiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Oleiros no Pleno do 27 de abril de 2006 solicitou á Comunidade Autónoma de Galicia a cesión gratuíta do uso das instalacións denominadas As Torres de Santa Cruz.

O dito inmoble foi desafectado do dominio público mediante Decreto 235/1989, do 19 de outubro (DOG nº 217, do 13 de novembro) e declarado alienable por Orde do 20 de novembro de 1989 (DOG nº 242, do 20 de decembro).

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión de uso do inmoble de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trece de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Concello de Oleiros do dereito real de uso do inmoble denominado As Torres de Santa Cruz integrado polo

edificio principal, os seus accesorios e o terreo anexo, situado na vila de Santa Cruz no concello de Oleiros, inscrito a nome da Comunidade Autónoma de Galicia no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, libro 137, folio 141, inscrición 2ª, predio 13042.

Artigo 2º

A cesión de uso queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. Os fins da cesión do dereito de uso do inmoble serán de utilidade pública e interese social, constituídos polos servizos de teatro municipal, biblioteca, museo e olaría, así como o uso público dos terreos anexos.

  2. A cesión outorgarase por un período de dez anos contados desde a formalización da escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo de petición do cesionario con anterioridade ao vencemento do período anterior.

  3. Se o dereito cedido non se aplicase ao fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, ou deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o inmoble reverterá á Comunidade Autónoma de Galicia con todas as súas pertenzas e accesións, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentase. A Consellería de Economía e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR