Resolución do 28 de xullo de 2010 pola que se convoca e se regula a concesión de subvencións aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de gastos correntes das súas oficinas municipais de información aos consumidores (OMIC) para o ano 2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE CONSUMO
Rango de LeyResolución

Preámbulo

Dentro do marco establecido polo artigo 51 da Constitución española de 1978, as entidades locais, no ámbito da súa competencia, veñen realizando actividades de utilidade pública en materia de defensa dos consumidores e usuarios tales como as de informar, formar, asesorar, atender e tramitar reclamacións e realizar mediacións en materia de consumo.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 30.1º, parágrafo 4, outorga á Comunidade Autónoma de Galega, competencias exclusivas en materia de consumo.

O artigo 24 do Estatuto galego do consumidor e usuario establece que, co fin de facilitarlle aos consumidores e usuarios a información precisa para o axeitado exercicio dos seus dereitos, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia promoverá, fomentará e, se é o caso, habilitará ou apoiará a creación de oficinas e servizos de información ao consumidor e usuario, xa sexan de titularidade pública, xa dependan dunha organización ou asociación de consumidores.

Sobre a base do disposto no Estatuto galego do consumidor e Usuario, o artigo 4 do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, sobre a utilización do idioma galego nos produtos e información ao consumidor e usuario en Galicia, prevé que tanto os concellos como as organizacións de consumidores poderanse acoller, dentro das condicións que regulamentariamente se determinen, ás axudas e subvencións que se convoquen pola Administración autonómica para a creación ou mantemento das oficinas ou servizos de información ao consumidor ou usuario.

Por outra banda, as políticas desenvolvidas polas institucións comunitarias e a súa transposición no dereito transnacional veñen conceptuando a política de defensa das persoas consumidoras como un elemento esencial da mellora do nivel de vida da cidadanía europea.

Para dar cumprimento ao anteriormente indicado, cómpre destinar axudas ás oficinas municipais de información aos consumidores e usuarios para financiar os gastos derivados do funcionamento destas. Por outra banda, búscase potenciar, ao igual que se fixo en anos anteriores e tendo en conta a positiva experiencia que supuxo, a apertura de novas oficinas municipais de información aos consumidores co fin de conseguir unha protección eficaz dos cidadáns e cidadás en materia de consumo en todo o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta que a Administración local é a máis achegada á poboación.

Por todo o anterior

DISPOÑO:

Artigo 1º Convocatoria e bases reguladoras.
  1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións do Instituto Galego de Consumo (en adiante IGC) ás oficinas municipais de información aos consumidores (OMIC) da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de gastos correntes no ano 2010.

    A subvención recollerá os gastos orixinados desde o 1 de xaneiro do ano 2010 ou desde a data de inicio da actividade para as OMIC de nova creación.

  2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2010.

Artigo 2º Solicitudes.

Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Artigo 3º Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
  1. As solicitudes para as subvencións previstas nesta resolución dirixiranse á Presidencia do Instituto Galego de Consumo, podendo presentarse nos servizos provinciais ou centrais do Instituto Galego de Consumo, sendo en todo caso de aplicación o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa actual redacción. Inclúense os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. O prazo para a presentación das solicitudes, segundo o modelo que se insire como anexo II, será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O prazo entenderase que vence o día cuxo ordinal coincida co día que serviu de partida, que é o de publicación no DOG.

Artigo 4º Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras que non poderá ter unha duración superior a seis meses. O prazo empezará a computar a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

O vencemento do prazo máximo sen terse notificado a resolución, lexitima os interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 5º Información aos interesados.

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN108A poderase obter información adicional no Instituto Galego de Consumo, a través dos seguintes medios:

  1. Páxina web oficial do Instituto Galego de Consumo.

  2. Os teléfonos 981 54 55 45 e 981 54 54 16 do Instituto Galego de Consumo.

  3. O enderezo electrónico cooperacion.igc@xunta.es

  4. Presencialmente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase a Presidencia do Instituto Galego de Consumo para que dite as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta resolución.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2010.

María Nava Castro Domínguez

Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de gastos correntes das súas s oficinas municipais de información aos consumidores (OMIC) para o ano 2010

Artigo 1º Obxecto e réxime da subvención.
  1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto o fomento das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que realicen actuacións en defensa dos consumidores e usuarios a través dunha Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) aberta ao público.

  2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no resto da normativa que lle sexa aplicable en materia de subvencións.

  3. En concreto, considéranse actuacións subvencionables os seguintes gastos xerados polo funcionamento das oficinas municipais de información ao consumidor:

  1. Alugamento, sempre e cando a OMIC estea fóra das dependencias municipais, e que respectará sempre os criterios de accesibilidade. Este punto deberá ser certifido polo secretario do concello.

  2. Gastos do persoal contratado con cualificación na materia de consumo para prestar o servizo de atención ao consumidor.

Todos estes gastos teñen que ser realizados e efectivamente pagados desde o 1 de xaneiro de 2010, ou a data de inicio da actividade para as OMIC de nova apertura, ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16º destas bases.

Artigo 2º Financiamento e concorrencia.
  1. A contía total máxima asignada a este convocatoria é de 83.200 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.613B.460.0 do orzamentos de gastos do Instituto Galego de Consumo para o ano 2010.

    Todo isto sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración previstos nesta resolución.

  2. A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR