Decreto 113/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo, e o Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

En virtude da competencia exclusiva en materia de casinos, xogos e apostas que o artigo 27.27º do Estatuto de autonomía de Galicia lle atribúe a esta comunidade autónoma, aprobouse a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, que é a norma legal autonómica reguladora da materia.

En exercicio da potestade regulamentaria prevista no artigo 22 c) da citada lei, a Xunta, por Decreto 181/2002, do 10 de maio, aprobou o Regulamento do xogo do bingo, modificado parcialmente polo Decreto 9/2007, do 25 de xaneiro.

A experiencia na comercialización do xogo do bingo vén incorporando nos últimos tempos novidades e melloras tanto de natureza conceptual coma técnica, que mantendo a esencia do xogo permiten un desenvolvemento máis diversificado como produto.

Para dar cabida ás posibilidades que ofrecen estes novos soportes electrónicos, así como a novas combinacións gañadoras, modifícase a descrición do xogo de bingo recollida no artigo 3. Así mesmo, nun novo artigo 3 bis recóllense as características e elementos básicos de xogo de tres novas modalidades do xogo de bingo: o bingo interconexionado, o bingo simultáneo e o bingo electrónico, que xa foron recollidas nas normativas doutras comunidades autónomas, e remítese a unha orde o seu desenvolvemento posterior.

A regulación do bingo tradicional tamén resulta modificada. En concreto, introdúcese a posibilidade de que os cartóns sexan subministrados telematicamente ás salas e a posibilidade de autorizar a utilización de medios de pagamento e reintegro electrónicos. Por outra parte, procédese a unha reformulación do premio da prima, creándose dúas subcategorías (a prima, cuxo máximo de dotación económica se ve incrementado e a nova prima-plus) que permiten dar forma a un plan de premios de maior contía de referencia.

A cantidade que se vai distribuír en premios no bingo tradicional redúcese do 63% ao 61% para poñelo en consonancia coas porcentaxes repartidas na maior parte das comunidades autónomas. A nova previsión faise tamén extensible á nova modalidade de bingo simultáneo e establecese unha porcentaxe mínima do 70% para a modalidade de bingo electrónico.

Así mesmo, modifícanse os supostos excluídos da aplicación do Regulamento do xogo do bingo, en concordancia co disposto no número 2 do artigo 1 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, e introdúcese a previsión da comunicación telemática das variacións na listaxe de prohibidos, que vinculará as empresas titulares de salas de bingo na comunidade.

As novas modalidades e regras do xogo do bingo son incorporadas tamén ao Catálogo de xogos da nosa comunidade autónoma, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.

Finalmente, e de acordo coa nova regulación dos medios de pagamento, derrógase expresamente o Decreto 523/1990, do 29 de novembro, polo que se prohibía a instalación de caixeiros automáticos nas salas de xogo e salas de bingo, e limítase a utilización de datáfonos, así como de aparellos automáticos auxiliares no xogo do bingo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oída a Comisión do Xogo de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de xullo de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo primeiro Modificación do Regulamento do xogo do bingo aprobado polo Decreto 181/2002, do 10 de maio.

Un. O número 2 do artigo 2.-Réxime xurídico queda redactado do seguinte xeito:

2. Quedan prohibidos todos os xogos que, co mesmo ou distinto nome, constitúan modalidades de bingo non previstas nas normas mencionadas no número anterior

.

Dous. Engádese un novo número 3 ao artigo 2.-Réxime xurídico, que queda redactado do seguinte xeito:

3. As obrigas que deriven do xogo do bingo terán carácter de módicas, para os efectos do disposto no número 2 do artigo 1 da Lei 14/1985, cando o conxunto das operacións semanais, entendidas estas como a suma de todas as cantidades achegadas polos xogadores, non superen os trescentos euros e o importe total das cantidades aceptadas a un xogador nunha xornada non supere os cincuenta euros.

Non obstante o anterior, cando a actividade de xogo se realice en poboacións con máis de 5.000 habitantes segundo o censo de poboación oficial, os organizadores estarán obrigados a comunicar, con anterioridade ao comezo efectivo das actividades, á dirección xeral competente en materia de xogo, toda a información relacionada co cumprimento dos requisitos previstos, a identificación do local onde se celebrará o xogo, así como a identidade das persoas responsables da organización

.

Tres. O artigo 3.-Descrición do xogo queda redactado do seguinte xeito:

O xogo do bingo é unha lotaría xogada con 90 números, do 1 ao 90, ambos os dous inclusive, tendo as persoas que xogan como unidade de xogo cartóns ou tarxetas, sexan en soporte físico ou electrónico, integrados por 15 números distintos entre si e distribuídos en tres liñas horizontais de cinco números cada unha e nove columnas verticais, en calquera das cales pode haber tres, dous ou un número, pero sen que nunca poida existir unha columna sen número, poden estes estar predeterminados nas unidades de xogo ou seleccionados polo xogador nelas en caso de cartóns electrónicos, e no cal mediante un proceso aleatorio de extracción de números se desenvolve o xogo, premiándose ás combinacións gañadoras previamente definidas, de acordo co disposto neste regulamento e normas que o desenvolvan.

.

Catro. Engádese un novo artigo 3 bis, que queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 3 bis. Modalidades do xogo do bingo.

1. O xogo do bingo poderá practicarse conforme as seguintes modalidades:

a) modalidade de xogo do bingo tradicional.

b) modalidade de xogo do bingo interconexionado.

c) modalidade de xogo do bingo simultáneo.

d) modalidade de xogo do bingo electrónico.

2. O bingo tradicional é a modalidade do xogo do bingo desenvolvida nun só establecemento, con cartóns físicos, que poderán ser subministrados de xeito presencial ou por medios telemáticos pola consellería competente en materia de facenda, e que polo menos en parte se realice con soportes materiais ou persoais.

O xogo de bingo tradicional axustarase ao disposto nos artigos 4 ao 8 e no capítulo IV deste regulamento, que son aplicables igualmente ao bingo interconexionado e ao bingo simultáneo, no contexto das particularidades das modalidades e na medida en que non resulten contraditorias ou inaplicables en relación coas normas específicas de cada modalidade. No caso do bingo electrónico, dadas as súas especiais características técnicas e operativas, os elementos de xogo, as diferentes combinacions gañadoras, a distribución dos premios entre estas e os seus mecanismos de obtención axustaranse para cada xogo de bingo electrónico autorizado ao que para tal efecto dispoña a orde que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR