Decreto 125/2006, do 27 de xullo, polo que se acepta pola Comunidade Autónoma de Galicia a cesión de uso do inmoble situado na rúa Pintor Seijo s/n de Betanzos (A Coruña) feita pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante escrito do 23 de maio de 2006, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, solicita á Secretaría Xeral e do Patrimonio a realización dos

trámites correspondentes para a cesión de 1.589 m de superficie do inmoble do antigo centro de saúde de Betanzos, situado na rúa Pintor Seijo, s/n desa localidade, propiedade da Tesouraría da Seguridade Social, co fin de destinalo ao desenvolvemento das súas competencias nas áreas de persoas con discapacidade, maiores e menores na comarca de Betanzos.

Mediante Resolución do 14 de xullo de 2006, o ministro de Traballo e Asuntos Sociais dispón a cesión en uso a favor da Xunta de Galicia, da devandita superficie por un prazo de 15 anos.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34.1º do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo, requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que se acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de vinte e sete de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. Aceptar a cesión do dereito de uso feita pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social por un período de 15 anos do seguinte inmoble:

Inmoble situado na rúa Pintor Seijo Rubio, s/n de Betanzos (A Coruña), antigo centro de saúde da antedita localidade, propiedade da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, predio nº 13.383, tomo 1.040, libro 159, folio 39, inscrición 3ª, cunha superficie de 1.589 m, dos que 516,50 m se atopan en planta semisótano, 785 m en planta baixa, e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR