Decreto 137/2006, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 74/2006, do 30 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia creou, no seu artigo 28, o Consello Galego de Medio Ambiente, como órgano consultivo da Administración ambiental. Con posterioridade, o Consello de la Xunta de Galicia aprobou o Decreto 155/1995, do 3 de xuño, no que se regulou o dito órgano, modificándose en ulteriores decretos para a súa adaptación ás variacións da estrutura administrativa da Xunta de Galicia. A última modificación é a establecida no Decreto 74/2006, do 30 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, onde o define como o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en relación cos plans, proxectos e actuacións que teñan incidencia sobre a sustentabilidade, tendo entre os seus fins o de servir de foro de debate para os efectos de dar cumprimento ao principio de participación pública, establecendo unha vía de cooperación dos estamentos interesados da sociedade galega.

As súas características especiais fan necesaria unha adecuada representación neste consello dos diferentes sectores implicados no eido ambiental, o que obriga a modificar o vixente decreto regulador do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para os efectos de darlle entrada a un representante do sector pesqueiro, considerado como un sector de especial importancia económica, social e ambiental na nosa terra.

Na súa virtude e no uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concordante e por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible despois da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o artigo 3º do Decreto 74/2006, do 30 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 3º.-Composición.

O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible estará integrado polos seguintes órganos:

1º Presidente. Será presidente do consello o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sos

tible, que ademais da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR