Decreto 327/2003, do 24 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes ós estudios conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2003/2004.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, establece

no seu artigo 81.3º b) que lle corresponde á Comunidade Autónoma fixa-las taxas académicas polos estudios conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que a nivel estatal ten que establece-lo Consello de Coordinación Universitaria. Para os restantes estudios serán fixados polo Consello Social, artigo 81.3º c) da respectiva universidade.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988), traspásalle á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias e servicios en materia de universidades.

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outórgalles ás referidas taxas a consideración de prezos públicos, asumindo os supostos de feito e dualidade de réximes contidos no artigo 81.3º b da antes citada Lei orgánica 6/2001. Pola súa parte a Lei 13/1991, do 9 de decembro (DOG do 13 de decembro) de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 9.3º qué se entende por prezos públicos.

O Real decreto 1497/1987, do 27 de novembro, polo que se establecen as directrices xerais comúns ós plans de estudio dos títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE nº 298 e 299, do 14 e 15 de decembro), establece no seu artigo 10 que os plans de estudio correspondentes a títulos oficiais, unha vez aprobados, serán homologados polo Consello de Universidades; sen embargo, a homologación dos ditos plans de estudio só producirá efectos para a impartición das súas ensinanzas, no caso de que supoña incremento da subvención orzamentaria se conta coa oportuna autorización da Comunidade Autónoma.

Neste contexto normativo, e dada a consideración de prezos públicos para os servicios académicos, este decreto fixa os importes que pagarán os alumnos polos estudios conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, actualizando as tarifas vixentes no curso pasado e distinguindo entre prezos correspondentes a plans de estudios reformados e prezos correspondentes a plans de estudios aínda sen axustar ás directrices da reforma dos títulos universitarios.

No uso das súas competencias, o Consello de Coordinación Universitaria, na sesión da súa comisión de coordinación do 17 de xuño de 2003 (BOE nº 146, do 19 de xuño), fixou, para o curso 2003-2004, o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudios conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 30 de abril de 2002 ó 30 de abril de 2003, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos.

Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas

renovadas e non renovadas, así como a diferencia entre o prezo da 1ª e 2ª matrícula fronte ó prezo da 3ª e sucesivas matrículas (Decreto 263/1993, do 28 de outubro), e ó abeiro do establecido no artigo 12 da Lei de Galicia 13/1991, do 9 de decembro (DOG do 13 de decembro), de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixa-los prezos correspondentes ó ano académico 2003-2004 polos estudios universitarios conducentes a títulos oficiais, incrementando os prezos do curso pasado na contía correspondente á suba do IPC estatal determinado entre o 30 de abril de 2002 e o 30 de abril de 2003 máis 0,9 puntos (é dicir, o 4%).

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, oídos os rectores das universisades galegas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. Os prezos que se pagarán no curso 2003/2004 polos estudios conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario nas tres universidades públicas galegas, serán os establecidos segundo as normas deste decreto na contía que se sinala no anexo deste.

  2. O importe dos prezos por estudios conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo Consello Social, de conformidade co establecido no artigo 81.3º c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades.

  3. De cara ós prezos públicos diferéncianse neste decreto as ensinanzas renovadas das ensinanzas non renovadas.

Ensinanzas renovadas son as que corresponden ós estudios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR