Decreto 187/2004, do 29 de xullo, polo que se modifica o Decreto 440/2003, do 5 de decembro, de aceptación da cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Viana do Bolo de parte do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, situado no termo municipal de Viana do Bolo (Ourense), para a instalación da oficina agraria comarcal.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Viana do Bolo, reunido en sesión que tivo lugar o día 20 de marzo de 2000, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia parte do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, situado no termo municipal de Viana do Bolo (Ourense), para a instalación da oficina agraria comarcal.

Neste acordo de cesión o citado concello non especifica segregación do inmoble que se cede, motivo polo que logo da publicación do Decreto 440/2003, do 5 de decembro, a Secretaría Xeral e do Patrimonio advirtiu erro ao achegar o Concello de Viana do Bolo o acordo de segregación da superficie cedida.

Polo tanto, de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e nove de xullo de dous mil catro,

DISPOÑO

Artigo único Modifícase o artigo 1º do Decreto 440/2003, do 5 de decembro, publicado no DOG nº 247, do 22 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto, feita polo Concello de Viana do Bolo de parte do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, no termo municipal de Viana do Bolo para a instalación de oficina agraria comarcal, quedando redactado como segue:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Viana do Bolo, do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, que se describe como:

Local número dous: edificio situado en solo urbano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR