Decreto 185/2004, do 22 de xullo, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Miño e Lobeira.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cederlles o uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias aos concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles aos fins e servizos de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como os informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 25 de outubro de 2002 e 4 de abril de 2003, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xullo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a seguir:

  1. Soar no sitio de Regueiro, hoxe rúa Regueira nº 2b, parroquia e municipio de Miño (A Coruña), de 19,2 metros de longo, por 9,9 metros de largo, que fan un total de 190,08 m. Estrema: norte, estrada; sur, camiño de Miño á Feira de Tres; leste, herdeiros de Manuel López Blanco; e oeste, Celso Otero García.

    Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR