Decreto 122/2006, do 13 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun inmoble feita polo Concello de Vilagarcía de Arousa á Comunidade Autónoma de Galicia, con destino á construción dun edificio para a escola oficial de idiomas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno do Concello de Vilagarcía, en sesión celebrada o 25 de novembro de 2004, acordou ceder, a título gratuíto, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, un terreo de 3.993,40 m, para a construción dun edificio destinado a escola oficial de idiomas.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Vilagarcía de Arousa acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Vilagarcía de Arousa dunha parcela que se describe como segue:

Parcela de 3.993,40 m situada no Bosque dos Desamparados, que linda ao norte con zona residencial; sur, campo de fútbol; leste, vía e aparcadoiro; e oeste zona verde.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa, no tomo 1.062, libro 441, folio 122, predio 35999, como parcela E.

Artigo 2º

O destino do inmoble será a construción dun edificio que albergue a escola oficial de idiomas.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR