Decreto 133/2006, do 27 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, do dereito de uso dun inmoble feita pola Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora, con destino á prestación de servizos sociais e situado en Ponte Caldelas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O 15 de maio de 2006 a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora acordou na reunión do seu padroado por unanimidade, ceder en uso, a título gratuíto, por un período de vinte anos un inmoble situado no concello de Ponte Caldelas á Comunidade Autónoma de Galicia, destinado á prestación de servizos sociais.

O 14 de xuño de 2006 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar solicitou a tramitación do correspondente expediente.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que a Fundación Sálvora acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase en todos os termos establecidos a cesión de uso, a título gratuíto, feita pola Fundación Sálvora dun inmoble da súa propiedade non afecto á dotación fundacional que se encontra no concello de Ponte Caldelas, barrio da Quintán, rúa da Igrexa nº 22 que se describe como segue:

Parcela urbana denominada Casa da Quintán composta de varias dependencias cos resíos a ela unidas nos cales se encontra un hórreo e unha caseta formando todo un só predio destinado a casa, a usos domésticos, e os resíos a labradío e inculto, situada no sitio chamado A Quintán, lugar de Caldelas desta parroquia e concello e que limita ao norte porción segregada e Luis Orlando de Castro Moreira e esposa; sur, casa, curral e terreo de Peregrina Rajó, leste camiño da igrexa; e oeste terreo de Carme Lorenzo, dunha superficie de 1.467,52 m. Ten 68 m construídos.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ponte Caldelas, no tomo 102, libro 36, folio 186, predio 4.060, a nome da fundación.

Referencia catastral: 36043A012014360000JI.

Artigo 2º

O prazo de duración do dereito de uso será de vinte anos, contados a partir da data da sinatura do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR