Resolución do 17 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece e regula o programa de axudas económicas individuais a emigrantes galegos para o exercicio de 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Secretaría Xeral de Emigración, segundo o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, é o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior e a política inmigratoria e de retorno en Galicia.

O Real decreto 1612/2005, do 30 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 728/1993, do 14 de maio, polo que se establecen pensións asistenciais por ancianidade a favor dos emigrantes españois, supuxo a universalización das pensións asistenciais e unha mellora substancial dos sistemas de proteción social dos españois de orixe residentes no estranxeiro que, chegados á idade de xubilación, carecen de recursos que lles aseguren un mínimo de subsistencia.

A pesar da ampliación dos plans de cobertura sociosanitaria do Estado, existen persoas de orixe galega residentes no exterior en situación de necesidade que precisan de axudas que poidan paliar ou contribuír nalgunha medida á mellora desa situación.

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emigración está impulsando, nunha actuación coordinada co Estado español, unha nova política de atención e protección aos galegos residentes no exterior coa finalidade de garantirlles a estes cidadáns o exercicio dos seus dereitos e deberes constitucionais e estatutarios en termos de igualdade cos españois residentes en Galicia, superando o tradicional concepto da emigración.

Neste contexto enmárcase esta resolución de convocatoria de axudas económicas individuais a emigrantes galegos para o exercicio de 2006, que van ter un carácter individual, extraordinario e non periódico.

A disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, naqueles preceptos que sexan básicos, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a normativa que a desenvolve, logo do informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

DISPOÑO:

Programa de axudas económicas individuais

a emigrantes galegos

Artigo 1º Obxecto e características.

1.1. O obxecto desta resolución é establecer un programa de axudas económicas individuais a emigrantes galegos nos termos e nas condicións que seguen. Especificamente, regúlase a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de

orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.

1.2. Estas axudas destinaranse aos residentes nos países iberoamericanos, debido á súa situación actual e á da nosa comunidade alí residente, aínda que poden ser atendidos os casos de especial e de grave necesidade sen distinción en canto ao lugar de residencia sempre que este sexa no estranxeiro.

Artigo 2º Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

2.1. Os emigrantes de orixe galega residentes no exterior.

2.2. No caso de falecemento da persoa indicada no punto anterior, poderán ser beneficiarios da axuda prevista no artigo 8º desta convocatoria o cónxuxe viúvo e os orfos, que dependían economicamente do falecido, se non transcorreron dous anos desde o falecemento.

2.3. O cónxuxe viúvo, pai, nai ou orfos de emigrantes que cumprindo os requisitos do punto 2.1 desaparecesen ou falecesen como consecuencia das ditaduras militares en Arxentina e Chile.

Artigo 3º Requisitos xerais dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que cumpran e acrediten documentalmente, os requisitos xerais que a continuación se sinalan:

3.1. Teren o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos ou, nos casos de especial gravidade, en calquera lugar do estranxeiro.

3.2. Careceren de rendas e ingresos que permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta, sempre que non cubran as súas necesidades básicas.

3.2.1. Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando aqueles de que dispoña o interesado ou se prevexa que vai dispoñer en cómputo anual, sexan inferiores á base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade establecida polo Estado para o país de residencia, contías que se recollen no anexo II desta resolución, sen prexuízo do establecido no punto 3.4 deste artigo.

3.2.2. De acordo co disposto no parágrafo anterior, se o solicitante carece de rendas ou ingresos suficientes, segundo o previsto nese parágrafo, pero convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 por cento da dita cifra polo número de conviventes menos un.

3.2.3. Existirá unidade económica familiar en todos os casos de convivencia dun beneficiario con outras persoas, sexan ou non beneficiarios, unidos a aquel por matrimonio, agás nos supostos de separación, ou por lazos de parentesco por consaguinidade, afinidade ou adopción ata o primeiro grao.

3.2.4. Para os efectos do establecido neste punto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR