Decreto 144/2006, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 230/1986, do 10 de xullo, polo que se regula a estrutura, a composición e as funcións do Consello Galego de Transportes.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Exposición de motivos

O Decreto 230/1986, do 10 de xullo, regula a composición, estrutura e funcións do Consello Galego de Transportes como órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de transportes.

É evidente que desde o ano 1986 ata a data de hoxe o sector dos transportes sufriu importantes modificacións tanto sectoriais como orgánicas e neste senso é preciso actualizar a composición da Comisión Permanente do Consello Galego de Transportes, como órgano máis operativo dentro do propio consello, acadando con esta unha estrutura que represente realmente os organismos verdadeiramente interesados no transporte terrestre en Galicia.

Na súa virtude, visto o informe do Consello Galego de Transportes, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o Decreto 230/1986, do 10 de xullo, polo que se regula a estrutura, composición e funcións do Consello Galego de Transportes, pola súa vez modificado polo Decreto 74/1994, do 25 de marzo, e polo Decreto 266/1998, do 24 de setembro, de acordo co disposto nos seguintes puntos:

O artigo 6º queda redactado como segue: «Comporán a Comisión Permanente:

-A presidenta que será a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

-O vicepresidente que será o director xeral de Transportes.

-O secretario que será nomeado pola conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

-Serán vogais:

* Dous representantes da Xunta de Galicia en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

* Dous representantes das organizacións de consumidores e usuarios...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR